Todos os participantes deberán ter licenza activa na presente tempada 24/25 na federación galega de baloncesto. O seguro será o propio da federación e deberán seguir o protocolo establecido porla mesma no seguinte enlace:
Seguro deportivo - Federación Galega de Baloncesto
1. COMUNICAR
No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es. Precisará o Identificador que está no carné de Xogade.
2. ACUDIR
Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua.
3. AUTORIZAR
Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.
4. ENVIAR
Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.
Teñen 2 vías:
xogade@gerosalud.es Portal Xogade
A entidade (centro educativo, club ou federación) ten 7 días desde a lesión para certificar na aplicación de Xogade. Web inscrición Xogade
Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:
881 850 087
Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE asistencia@surne.es
Persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:
A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”…).
A actividade federada das federacións adheridas. Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.
Actividade deportiva escolar:
Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestramentos supervisados durante o calendario escolar.
Actividade federada:
Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da
licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.