CONVIVENCIA 2009

24 de maio

Texto sacado da web:

https://sites.google.com/site/cbomeco/convivencia2009

9/05/09 Un ano mais toda a familia do Meco estamos preparados para acoller a tódolos nenos e nenas benxamíns da Delegación Arousá. Estamos desexando que chegue o día e poder disfrutar con todos desta xornada de ledicia.

A programación da convivencia é como sigue:

9:45: Presentación dos equipos.

10:15 a 14:00: Partidos

14:00: Reparto de comida e comezo actividades lúdicas

14:00 a 16:00 : Música con xogos e baile a cargo de un Dj profesional.

16:00 a 19:30: Partidos

19:30 a 19:45 Sorpresa.

19:50: Entrega de medallas, desfile, fotos equipos e oficial.

20:15 Clausura.


15/05/09 A falta de 1 semana para a convivencia temos xa o calendario dos partidos. Rogamos a máxima puntualidade e colaboración dos equipos para que a xornada transcurra conforme aos horarios. Temos unha sorpresa para pechar o día.

Calendario

29/04/09 Pois confirmouse o do Rasoeiro Balonmano e deronlle a organización do sector galego durante o fin de semana do 16 de maio, véndonos obligados a retrasar a convivencia para o domingo 24.

22/04/09 Estamos practicamente as portas de outra nova edición desta Convivencia que organiza o noso club. Unha vez acadado o obxetivo primordial que son as axudas para conseguir as camisetas e medallas, queda por pechar o número de equipos participantes. Tal como se está desenrolando esta tempada, presumese que batiremos o record de participantes. Esperemos seguir na misma liña que a última convivencia aínda que teremos algunha novidade.

Recordade que daremos comezo arredor das 10 da mañá rematando sobre as 20 horas. Partidos, xogos populares, comida, pintado de caras, música e xogos con un dj, medallas, etc.

Pedimos aos clubs participantes descargar, cubrir e enviar a documentación necesaria (Inscrición e Responsabilidade) ao noso email cbomeco@gmail.com para formalizar a súa participación.