Historia do clube


O Club Baloncesto O Meco nace alá polo ano 1999.

Naceu coa intención de crear unha base sólida de baloncesto en O Grove. Temos como actividade específica o desenrolo de actividades de baloncesto. O noso horizonte como club deportivo está no fomento, encauzamento e desenrolo do deporte proporcionando o coñecemento, a formación e a participación entre os xoves contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base.

A escola de baloncesto nace de forma oficial na tempada 2000/2001 co único obxectivo de fomentar o deporte de base e ofrecer unha alternativa educativa válida no noso concello a través do baloncesto.

Contamos con varios adestradores formados no club e o apoio de xogadores das categorías superiores que ano a ano amosan o seu coñecemento e cariño aos mais cativos.

Creemos firmemente na educación a través do deporte. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionarlles o mellor aos nosos cativos e cativas, apreciandoos dentro do marco deste maravilloso deporte: o baloncesto.

Tempadas