Tempada 21-22

MEMORIA DEPORTIVA TEMPADA 2021/2022

O Meco Rafonca Puertas y automatismos comenza outra tempada na que parece que as cousas volven a normalidade, unha pandemia mundial fixo moito dano nas canteiras dos clubes pero parece que nesta tempada as cousas poden volver a ser o que eran. Ainda non conseguimos recuperar a totalidade de xogadores que tiñamos pero estamos a intentalo.

En todos estes anos moitos rapaces e rapazas pasaron pola canteira. O noso obxectivo è formar ás pequenas e pequenos en valores, compañerismo, esforzo, empatía e solidaridade co fin de convertirse en boas persoas e polo tanto en "mecos de corassòn"

Queremos ser parte da educación e formación integral das personas sen importar sexo, raza ou idade.

Por enriba da competición ou os resultados queremos potenciar a responsabilidade de cumplir cun equipo e uns compañeiros e compañeiras. Todos dependen de todos para poder acadar un resultado sexa o que sexa.

Comenzamos os adestramentos

Agosto de 2021, quedamos con ganas de moito máis baloncesto despois de unha tempada complicada chega o momento de poñerse as pilas a tope. Todavía seguimos a usar as máscaras pero en breve poderemos quitalas.

Comenzan os adestramentos os equipos infantil masculino e femenino e o cadete femenino xa que presentamos os tres á fase de ascenso a primeira división galega.

Comenzamos os partidos de clasificación en setembro. Non conseguimos o ascenso con ningún dos tres equipos pero xogamos partidos moi interesantes. Xusto nese momento comenzase a vacunación masiva contra a COVID polo que xa queda menos para poder quitar as máscaras.

Comenzan tamén os adestramentos de todos os equipos do clube.

INCIO ligas regulares


Outubro de 2021 comenzamos as primeiras competicións das ligas regulares cos equipos senior, junior, cadete e infantil. En Novembro comenzamos cos minis e preminis.

PRIMEIRA CONCENTRACIÓN BABI

Chegamos a finales de novembro e os nervios a flor de piel, os nosos babi estrenanse en "competición" uns partidos no que o marcador é o menos importante e coñecer o baloncesto é o fundamental. Pasalo ben nas canchas e non ter medo a xogar.

DECEMBRO DE 2021

Os nosos infantiles masculino participan no torneo HQR organizado polo Diario de Pontevedra proclamandose CAMPIÓNS do torneo.

MARZO DE 2022

Tocou expedición Meca ao multiusos Fontes do Sar para que os nosos xogadores vivan a experiencia de ver un partido da ACB e ademáis poder xogar na cancha nos descansos e tempos mortos do partido. Foi unha gran experiencia para os nosos xogadores onde puideron ver grandes xogadores e desfrutar de xogar ao baloncesto nun partido da ACB.

27 de marzo de 2022
Presentación oficial dos equipos do clube. Xogamos un importante partido cos senior e aproveitamos a ocasión para sacar a foto de familia e de cada un dos nosos xogadores.

EQUIPOS TEMPADA 2021/2022

BABI FISIOSAÚDE SANXENXO

Competición a nivel zonal en sistema de concentraciones.

PREMINI A FUEGO TAPERÍA

Competición liga arousana sistema de grupos.

Remata a tempada na arousa liga DAB grupo 4

PREMINI A OPTICA DE ANA

Competición liga arousana sistema de grupos.

Remata a tempada na arousa liga DAB grupo 1

MINI Fisoterapia SOLPOR

Competición liga arousana sistema de grupos.

Remata a tempada na 4ª FASE liga arousa no grupo 4

MINI MARISCOS TRELLES

Competición liga arousana sistema de grupos.

Remata a tempada na 4ª FASE liga arousa no grupo 2

INFANTIL MASCULINO GROVEAL ALUMINIO Y PVC

FASE DE ASCENSO INICIO TEMPADA

CAMPIÓNS TORNEO HQR

CAMPIÓNS LIGA AROUSANA

CAMPIÓNS FASE DE ASCENSO SUR

SUBCAMPIÓNS FINAL FASE DE ASCENSO GALEGA

INFANTIL FEMENINO XANDRE ROPA Y MODA INFANTIL

FASE DE ASCENSO INICIO TEMPADA

2º CLASIFICADO TORNEO CONCELLO DE VIGO SEIS DO NADAL

CAMPIONAS LIGA AROUSANA

TERCEIRAS FASE DE ASCENSO SUR

CADETE MASCULINO LIBRERÍA NOBEL O GROVE

4º clasificado LIGA AROUSANA

CADETE FEMENINO HORTOS CENTRO DEL AUTOMÓVIL

6º CLASIFICADO TORNEO CONCELLO DE VIGO SEIS DO NADAL

3º clasificado LIGA AROUSANA

SUBCAMPIONAS COPA PREMIUM DAB AROUSA

JUNIOR MASCULINO A DE TATY

6º clasificado liga AROUSANA

SENIOR MASCULINO RAFONCA PUERTAS Y AUTOMATISMOS

3º clasificado grupo B1 - mantén a permanencia

VILAGARCÍA BASKET CUP

Comenzamos o Xoves cos máis cativos do clube participando la VBC Helena Mariño. Unha honra participar outro ano máis neste torneo de convivencia no que non hai marcadores e o único ao que van os rapaces e a desfrutar do baloncesto sen importar resultados.

Os que si intentaron competir serán os cadete masculino que participarán contra equipos de diferentes lugares da peninsula e xogarán durante tres días (Xoves, Venres e Sábado) os seus correspondentes partidos. Tocaralles xogar contra @clubmaristas, Villa de la Laguna e Ponferrada


As infantiles femenino xandre_ropa_de_moda_infantil e as cadete Hortos centro del automóvil participaron no torneo do seis do nadal

Cadete femenino Hortos

6º clasificadas no torneo Seis do Nadal

Infantil femenino Xandre moda

2ª clasificadas no torneo Seis do Nadal

abril INFANTILES masculino e femenino CAMPIÓNS DE LIGA

Grande tempada das nosas infantiles femenino que conseguen proclamarse campionas de liga Arousa da tempada 21/22. Un merecido premio a todo o traballado. O Grove ten que estar orgulloso de ter a unhas campionas.

No mesmo fin de semana decidironse ambas ligas (masculina e femenina) e se a maña estábamos ledisimos coa victoria das nosas chicas a tarde xa parecía un soño. Gran tempada tamen dos nosos infantiles masculino que conseguen en Pontecesures proclamarse campions infantil masculino de liga Arousa da tempada 21/22. Unha liga na que foron invictos durante toda a tempada. Un merecido premio a todo o traballado.

O Grove ten que estar orgulloso de ter a uns campions e tamen unhas campionas

Doblete en infantiles!!! Increíble!

Caravana e cena de celebración das ligas

MAIO CONCENTRACIÓN BABI O GROVE

Tocounos celebrar a concentración babi de Maio en O Grove e que ben o pasamos. Os máis peques do clube puideron desfurtar dunha mañá chea de baloncesto onde non se daba un balón por perdido. O futuro do baloncesto en O Grove.

XUÑO 15ª convivencia premini e torneo mini de O Grove

EQUIPOS PARTICIPANTES (Non nos deu tempo de sacar foto de todos)

MINI ACD DORNA

MINI CAB PONTEVEDRA FEMENINO

MINI CAB PONTEVEDRA MASCULINO

MINI MARISCOS TRELLES O MECO

MINI FISIOTERAPIA SOLPOR O MECO

MINI GIRALDO CB VILAGARCÍA

MINI PEIXEGALEGO

PREMINI ACD DORNA

MINI MIXTO RIO ULLA

MINI MASCULINO RIO ULLA

MINI FEMENINO SALESIANOS VIGO

PREMINI CLB SIGALTEC

PREMINI RIO ULLA

PREMINI TERMAS DE CUNTIS

Equipo gañador da 15ª convivencia premini e torneo mini

INFA MASCULINO SUBCAMPIÓN GALEGO

E damos por rematada a tempada de competicións co subcampionato galego de segunda división.

PATROCINADOR PRINCIPAL:

O Pazo, 38 Xil - Polígono Industrial A Pedreira - 36968 Meaño (Pontevedra)

Tlf: 986 744 915

Fax: 986 742 141

FIN DE TEMPADA 2021/2022

O fin da tempada non pareceu tal porque continuamos a actividade durante os meses de xullo e agosto con tecnificación para a mellora técnica individual dos nosos xogadores.

Dar as grazas a todos os socios, familiares, xogadores, adestradores, patrocinadores, concello de O Grove, Xunta de Galicia e Depuntación de Pontevedra... sen eles todo isto sería imposible.

Continuamos promovendo o baloncesto entre a poboación de O Grove