1 de maio de 2008
Info sacada da web:
https://sites.google.com/site/cbomeco/convivencia2008
01/05/08
Están subídas xa as fotos da Convivencia que vimos de celebrar. Podes ver aqui, as dos partidos (219 fotos) e tamén aquí as da entrega de medallas e de equipo, (71 fotos). Unha vez mais, felicitar a Josh por ese incrible traballo de fotografías, cortar, etc. Seguro que non nos vai defraudar coa Revista deste mes sobre a convivencia. Parabens, Josh.
REMATOU A CONVIVENCIA MINIBASKET 2008. Outro ano máis o club dou todo de sí para que esta xornada sexa da ledicia dos nenos e nenas que participan nela, así como de tod@s @s asistentes. Esperamos que o pasaran ben neste día de amizade e convivencia.
Podedes ver a noticia que publicou TODOGROVE.COM e un adianto das fotos. Pincha AQUÍ
Os que queiran deixar as súa valoración ou suxerencias sobre a Convivencia pode facelo AQUÍ
ATENTOS AOS VINDEIROS DÍAS, subiremos os RESULTADOS dos encontros [Aínda que isto é o de menos] e tentaremos ter listas TODAS AS FOTOS para subilas nunha galería. Si alguén ten fotos e quere compartilas, pode facelo enviandoas a cbomeco@gmail.com
Dende o club queremos facer publico o noso agradecemento a todas as empresas COLABORADORAS, á ANPA DO CEIP VALLE-INCLAN polos diversos xogos populares cedidos, aos ÁRBITROS da Delegación Arousá que estiveron arbitrando os encontros durante todo o día, Aos membros de PROTECCIÓN CIVIL que estiveron alí toda a xornada e SOBRE TODO aos máis de 40 VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS que desinteresadamente traballaron para que todo saíra ben e que os máis cativos o pasaran en grande. TAMÉN AOS FAMILIARES DOS XOGADORES POLA ASISTENCIA E OS ÁNIMOS E APLAUSOS QUE DERON A TODOS OS/AS XOGADORES/AS DENDE AS GRADAS. MOITAS GRAZAS.
30/04/08
Por problemas persoais non fun quen de subilo calendario onte, pero ahí está no apartado 'Calendario Encontros'.
Rogamos que todo o mundo esté na súa hora para non acumular retrasos.
Aproveito para agradecer a todo o mundo a súa colaboración: Comité de Arbitros, Fegaba, Patrocinadores, APA Valle Inclán, Voluntarios e seguro que algún mais que se me escapa.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
9:45 horas - Presentación de equipos, recepción e recollída impreso responsable.
XORNADA MATINA
10:15horas - Comezo dos encontros.
11:00 horas - Comezo actividade de pintura corporal
(nas gradas)
13:45 horas - Remate dos encontros.
XANTAR
13:50 horas - Reparto das bolsas de comida.
14:00 a 15:45 Xogos populares. Contamos con un montón de xogos.
XORNADA VESPERTINA
16:00 horas - Comezo dos encontros.
19:20 horas - Remate dos encontros.
19:30 horas - Ceremonia clausura con entrega de medallas e camiseta a todolos participantes.
19:45 horas Reparto de bolsa merenda e despedida.
27/04/08
Quedan xa 4 dias para a Festa. A idea principal é que esta convivencia se convirta nun punto de encontro de tódolos benxamíns, se coñezan, disfruten e se olviden dos resultados. O importante ten que ser o baloncesto
O Campo do Municipal vaise dividir en 4 campos e ao longo do día vanse disputar 56 partidos en formato de liguilla, é decir, todos contra todos. .
Finalmente os grupos, como xa temos comentado cos distintos responsables dos equipos, estarán divididos segundo o nivel ou idade.
Así, teremos 3 grupos:
A: Nivel superior, para os nenos nacidos no ano 98.
B Nivel Intermedio, para nenos do ano 99 ou diferentes.
C Nivel Iniciación. Só para nenos do ano 2000, 01, etc.
Daquela os grupos quedaron da seguinte forma:
GRUPO A: Formado por 6 equipos.
Xuven A, Dorna A, Liceo A, Peixe A, BBC 'A' e Meco A
GRUPO B: Formado por 7 equipos.
Grove A, Arxil A, Celso, Rio Ulla, Liceo B , BBC 'B', Meco B
GRUPO C: Formado por 7 equipos.
Grove B, Arxil B, Dorna B, Peixe B, BBC 'C', Xuven B e Meco C
18/04/08
Como podedes comprobar estamos dando un paso adiante co programa de actividades a falta tan só de cerrar o número de equipos para poñer o calendario de partidos.
Fumos capaces de conseguir, grazas a APA de Valle Inclán, un montón de xogos e 2 paracaidas que seguro farán as delicias dos pequenos. Tamén estarán un grupo de voluntarios que están realizando o curso de Monitor de tempo Libre e que se encargarán de coordinar estas actividades.
13/04/08
Falta pouco xa para a nosa convivencia e estamos a espera de ter unha cifra aproximada de equipos e xente para cerrar calendario e actividades. Este ano imos batir o record de participantes. Arredor de 250 xogadores benxamíns, demostrando que o basket está en crecemento. Imos facer unha festa para todos eles. Son o futuro noso.
Os partidos serán de 4 tempos de 8 minutos. Cada partido terá unha duración aproximada de 40 minutos. Os horarios, loxicamente, son estimativos e poden variar dependendo de moitos factores.