O clube de baloncesto O Meco Rafonca Puertas y automatismos foi fundado en abril de 1999 por un grupo de personas namoradas disto do baloncesto lideradas por Anxo Cornes.
En todos estes anos moitos rapaces e rapazas pasaron pola canteira chegando a día de hoxe a contar con equipos masculino e feminino seniors e juniors formados case na súa totalidade neste clube. Ese è un dos nosos maiores orgullos.
Agardamos que todos eles teñan un gran recordo deste equipo. O noso obxectivo è formar ás pequenas e pequenos en valores de equipo, compañerismo, esforzo, empatía e solidaridade co fin de convertirse en boas persoas e polo tanto en "mecos de corassòn"
Queremos ser parte da educación e formación integral das persoas sen importar sexo, raza ou idade.
Por enriba da competición ou os resultados queremos potenciar a responsabilidade de cumplir cun equipo e uns compañeiros e compañeiras. Todos dependen de todos para poder acadar un resultado sexa o que sexa.
Somos uns dos clubes con máis base do Grove.
Os equipos adestran tres días á semana unha hora ainda que queremos aumentar o tempo de adestramento nas categorías superiores.
Os adestramentos comezaron o 3 de setembro para a categoría mini e superiores, logo dun merecido descanso tras o verán os minis comezaron os seus primeiros contactos co balón.
Na categoría premini agardamos ata o 10 de setembro a que comezara o cole. Abrimos as portas para que os que quixeran coñecer e comezar nisto do baloncesto puideran probar e ver se lles gusta este deporte.
Nese fin de semana algúns dos nosos premini e mini participaron nun torneo de 3x3 celebrado en Pontecesures.
O 20 de setembro voltamos a Avilés.
Fumos con 6 equipos dende a categoría infantil ata a junior tanto masculina coma femenina. Sen dúbida o desplazamento máis longo da tempada para participar nun torneo. Invitados polo INNOBASKET para os equipos femininos, e cos partidos amigables masculinos que tan xenerosamente nos regalan a Asociación Atlética Avilesina e C.B. Avilés Sur.
Pasamos a finde do 20 ao 23 facendo pretempada, facendo equipo e ante todo facendo clube.
Agradecemos aos clubes citados a invitación e o facilitarnos as cousas para a viaxe.
Primeiro horario OFICIAL da tempada. As seniors femininas iniciaban liga fronte o Colexio Apóstol Santiago en Vigo.
Este equipo senior femenino é o primer equipo desta categoría no C.B. O Meco e creemos o primer equipo de baloncesto federado de 2ª Div sénior feminino na historia do Grove.
O máis importante de todo é que esta tempada o clube cubre todas as categorías femininas e masculinas desde babi ata senior, sen deixar ningunha atrás.
Ese finde comezou a tempada de infantil para arriba, ademáis do primero desprazamento dos máis peques a Pontevedra invitados polo CAB Pontevedra. Club Amigos do Baloncesto Pontevedra, a empezar a demostrar o aprendido este tempo. As nenas e nenos van crecendo e as responsabilidades van aumentando.
Co agradecemento do club a todos o patrocinador desta tempada 19/20 que nos fan máis sinxelo o traballo: Rafonca Puertas y Automatismos como patrocinador oficial do club e dos seniors, con Fisiosaude Sanxenxo protexendo aos máis novos, os babis, con DabyzSoft, Mariscos Trelles, Groveal, CB - Carpintería de aluminio, PVC y Cerrajería, Xandre ropa de moda infantil, Loterías Moreno O Grove, A Óptica de Ana, Espacio Lector Nobel O Grove, Cruceros Pelegrin, La chata, Carnicería A de Taty, Aldara Braseria, Bar Manos, e Fisioterapia Solpor con todos eles dámoslle para adiante a esta tempada con ilusión e gañas de xogar e sobre todo de educar e aprender valores sociais, empatía e respeto polo diferente.
Castelao, 29
Teléfono: 986 730 082
Alcalde Xacobe Barral Otero 5
Teléfono: 986 733 397
19 de outubro de 2019
Victoria do Meco Rafonca Puertas y Automatismos fronte ao Club Xuventude Baloncesto Cambados na primeira xornada da primeira división galega.
Bo partido dos nosos con momentos realmente sublimes.
A seguir mellorando.
Estrea en liga do equipo cadete do Meco carnicería A de Taty. Posiblemente cun dos equipos máis en forma (xogaron o ascenso a Liga Galega) do campionato.
Sudaron a camiseta que è a esixencia que teñen.
Esa fin de semana iniciaron ligas dous equipos, un premini A Óptica de Ana e un mini Loterías Moreno O Grove, os dous mixtos, liderados por Xavi. Fixeron dous partidos do máis divertidos da fin de semana, salvando distancias. Si as preminis asombráronnos coa rapidez de contraataques as minis fixérono pola constancia que tiveron cada cuarto.
Como anécdota o equipo mini xogou coas camisetas negras "vintage" do comenzo do clube, xa que seguiamos agardando polas actuais.
1 de decembro do 2019
Con este plantillón nos presentamos na concentración babi que lle tocou organizar ao C.b. Dorna A Illa de Arousa. Menuda ilusión o primero partido. Desfrutando únicamente do balón e a diversión de conseguir facer un bo pase. Nesta categoría o mellor e ver os rapaces pasalo xenial e creemos que se conseguiu. O respeto as normas e aos compañeiros pilares fundamentales nestas idades.
Cuadro de resultados dos últimos partidos xogados na finde do 14 e 15 de decembro de 2019. Os premini tiveron os seus partidos en Pontevedra. O mini masculino desprazábase ata Marín no partido máis intenso e emocionante ata o momento da tempada. O mini femenino descansaba e o mixto aplazaba o seu partido para o seguinte ano.
Os infantís masculino xogaba na casa un gran partido e o femenino facía o mesmo en Pontevedra.
As cadetes xa descansaban esta xornada e os cadetes xogaban un partido moi disputado na casa. As junior femenino gañaban o seu partido en casa e os junior masculino facian o mesmo na casa do Peixegalego.
Por último as senior femenino perdían o seu partido e os masculino gañaban rematando así o ano cun bo sabor de boca en xeral. Os resultados sempre poderán ser mellores pero para nos sempre van a ser os mellores que se poden conseguir porque sempre dan todo na cancha. Así despedimos o ano 2019 e damos comezo ao 2020.
Volveron as competicións!!! Fin de semana con moitos partidos, todos eles interesantes. As seniors xogaban por partida doble venres e sábado, os babis volvían a Vilagarcía a xogar partidos e coller rodaxe e O Meco Rafonca Puertas y Automatismos foi a Tui xogar un partido difícil.
O Domingo 19 de xaneiro de 2020 fixemos a presentación oficial dos equipos do clube. Este ano temos participación de en tódalas categorías dende babie ata senior tanto masculino como femenino. Foi unha gran velada onde grazas a colaboración desinteresada de Iván Padín tivemos unha tarde máxica.
Deixamosvos fotos dos equipos cos seus compoñentes e patrocinadores. Tamén físoxe eco da noticia o Diario de Arousa e a Voz de Galicia.
Impagable a colaboración desinteresada de tódalas personas que alí estiveron para que esta presentación puidera levarse a cabo. Grazas tamén a Pablo Vidal de PEUVE produccións e a Dabyzsoft publicidade interactiva por estar ahí facendo que todo fora moito máis sinxelo para todos.
O 6 de marzo de 2020 celébrase asamblea de socios do club onde a actual directiva despidese e pasase a formar unha nova. Deixan o club Anselmo Noya, Mili Cornes e Leti e sae elexida como nova presidenta Alejandra Rodríguez Castiñeira.
So podemos darlle as grazas a antiga directiva por todo o traballo feito durante estes anos. Toca afrontar una nova etapa.
A nova directiva queda composta por:
Presidenta: Alejandra
Vicepresidente: Alejandro
Tesorero: Miguel
Secretario: Javier
Vogais: Isaac, María, Fátima e Fabiola
Ninguén nos podía dicir o que se viña por diante. O fin de semana do 7 e 8 de marzo de 2020 celebraronse os últimos partidos da tempada. Algo que sorprendeu ao mundo enteiro paralizou as competicións e os adestramentos, o COVID-19 paralizounos a todos.
Unha pandemia imprevisible e que fixo moito dano a saúde, economía e deporte. Isto fixo que non se pudieran acabar as ligas e non houbera nin gañadores nin perdedores.
Os últimos partidos xogados polo noso clube dos que gardamos fotografías son:
Infantil masculino Espacio Lector Nobel O Grove vsus CLB Cortegada-Liceo-Bbc
Partido emocionante ata o final.
Unha canastra nos últimos 5 segundos deunos unha victoria que poderia haber sido para calquera.
Moi bo traballo dos nosos que nunca se deron por rendidos.
Premini Optica de Ana vsus Club Baloncesto Arxil
Pasamolo en grande vendo a estes rapaces e rapazas desfrutando do 🏀
Partido celebrado Sábado pola maña
Grazas por contar con vos semana tras semana
Meco Mariscos Trelles, S.L. vsus C.B. Dorna
Fotos realizadas por una dos pais do equipo.
Moitas grazas por compartilas con nos
Partido xogado este fin de semana categoría preminis
❤💕 Concentración Babi Fisiosaude Sanxenxo Domingo a tarde organizada polos nosos amigos Baloncesto Grenlins Cuntis
Os nosos peques dos club xogaron dous partidazos de infarto contra o Club Baloncesto Rio Ulla e o CB Vilagarcia
Conseguiron botar, pasarse, defender e incluso anotar algunha que outra canastra.
#Orgullosisimos de ver como van aprendendo un pouquiño mais cada día.
Mini femenino Xandre ropa de moda infantil
Partido de infarto que valeu moito a pena ver. O resultado non reflexa a intensidade e xogo das nosas rivais Baloncesto Grenlins Cuntis que non se deron por vencidas en ningún intre.
Partido moi importante para as nosas de cara a conseguir gañar a Liga.
Partido dos nosos mini masculino celebrado Domingo pola tarde do Groveal, CB - Carpintería de aluminio, PVC y Cerrajería vsus @Boavila Basket
Victoria importante para o equipo. Cada pasiño e o que conta.
Sénior Rafonca Puertas y Automatismos vsus CB Cambre
Partido Cheo de emoción, ao rematar o mesmo aproveitouse a ocasión para homenaxear e facer unha despedida a Mili Cornes pola súa dedicación e entrega constante ao club. Sempre será meca de corazón e parte de nos.
O 11 de Marzo de 2020 foi o último adestramento en contacto da tempada 2019/2020. Como prevención e pensando que non ia a ser moito tempo como nas noticias estabase a falar dunhas medidas restrictivas para evitar a propagación do COVID-19 e non tiñamos case coñecemento do mesmo dende o club decidiuse suspender os adestramentos xa que os colexios tamén pechaban as súas portas. O día 12 de marzo pecharonse as portas do club e xa non volverían a abrir o resto da tempada.
Aplazaronse e suspenderonse infinidade de partidos e eventos deportivos nos que tódos os anos participaba o club.
Esta tempada tivemos que renunciar a ligas, copas, concentracións e a poder celebrar a nosa xuntanza premini a final de tempada. Non se puideron facer ningún tipo de competición polo que para que estiveramos no recordo de todos e puideramos seguir en contacto comezamos a utilizar moito máis as redes sociais creando un perfil de instagram e tik tok para o club.
Tamén se creou a páxina web onde se subiu toda a historia atopada do mesmo en internet.
Dende o club fixemos un chamamento a tódos os nosos xogadores para que nos enviaran videos adestrando nas casas. Queríamos demostrar o noso amor por este deporte e que mellor forma de manternos en activo e contacto que facendo un video resúmo de todos os que nos foron enviando durante o confinamento xeral que houbo en España. Un recordo que agardamos nunca se teña que volver a repetir.
Tamén foi un chamamento para que todo o mundo quedara nas súas casas e respetara as medidas adoitadas polo estado. Quixemos aportar o nos grao de area. Video subido na nosa canle de youtube.
O 26 de abril de 2020 Diego Serantes representou ao club no primeiro torneo virtual NBA2K20 organizado polo club de baloncesto 6 do Nadal en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.
Como tivo tanto éxito decidiron organizar a edición KIDS onde tivemos que facer un torneo interno para elixir ao noso representante que despois duns partidos reñidos resultou ser o irmán pequeno do noso representante da edición normal, Martín Serantes que tivo que gañarlle a Mauro e a Pablo Romay para poder ser o noso representante.
Deixamosvos uns videos con algúns dos partidos.
Foron uns meses duros de traballo, planificando como poder voltar a adestrar e preparando todo para a seguinte tempada. Leendo protocolos, normativas, averiguando e intentando coñecer máis sobre o virus e sobre todo preparando todo para que puidesemos volver a adestrar coa maior seguridade posible na tempada 2020/2021.
O fin da tempada foi o plantexamento de poder afrontar unha nova coa maior seguridade posible. Prepararonse os protocolos para a volta aos adestramentos, formouse a todos para aplicalo da mellor forma posible e fíxose un video en homenaxe a tódas as personas que pasaron polo club ao longo da tempada.
Acabouse a tempada oficial este ano moito antes do que nos houbera gustado. Para despedirnos dalgunha forma simbólica dela enviamos este video como agradecemento a todos os socios, familiares, xogadores, adestradores, patrocinadores... sen eles todo isto sería imposible.
Tamén recoñecer a labor do Concello de O Grove que fai posible que poidamos facer a nosa actividade.
Video final tempada
https://www.youtube.com/watch?v=dYASpWBJ1Yk