SEGUNDA CONVIVENCIA DE MINIBASKET

17 de maio de 2007

09mecomai07.pdf

Texto e videos sacados da antigua web do meco:

https://sites.google.com/site/cbomeco/convivencia2007

Xa vai alá unha semana dende a convivencia e gardamos un recordo imborrable. Dende o Club tan solo queremos agradecer a asistencia a todos os equipos e felicitar a todolos integrantes do Meco pola lección de equipo que demos, dende a directiva ate os arbitros, aguadores, etc. Todos.

Como non, agradecer aos patrocinadores que fixeron posible o evento e en especial a Pepiño da Empresa Cruceros Pelegrín, que non solo patrocinou as medallas senon que mandou as rapazas para facer fotos e repartilas de xeito altruista. Impresionante.

A Antonio Fernández Padín, Gerente da Residencia Santo Angel, a quen de verdade lle debo moito nesta Convivencia. Por todo o que lle pedín, él sabeo moi ben. Gracias, polo teu ofrecemento a cambio de nada.

Por último, ao Concello e en especial ao Alcalde por ter que soportarme coas miñas visitas continuas e chamadas para saírme coa miña.

Debido a renuncia de algún equipo por imposibilidade de participar, tivemos que retocar o calendario. O grupo 1 está formado por 6 equipos e o resto por 5. Intentamos facelo o mais equilibrado posible. Xogan un mínimo de 2 partidos pola mañán e 2 pola tarde. Disculpade as molestias. Agradeciriamosvos que estivesedes no pavillón antes das 10. Grazas.

12/5: Ben, pois estamos xa nos últimos días. Conseguimos facer un amplo abanico de actividades que esperemos podamos cumprir. E para iso os delegados ou adestradores de cada equipo teñen que colaborar ao máximo coa organización. Seguro que teremos que andar metendo presa a todo mundo porque temos a obriga de cumprir os horarios acordados coas empresas colaboradoras. Na visita ao aquarium serán os propios adestradores os que farán de guía.

10/ 5:En breve publicaremos os emparellamentos da convivencia. Hai que ter en conta que debido a gran cantidade de equipos, 23, é moi dificil saber o nivel de cada un. Polo tanto, sabendo que o importante é que xoguen sin que haxa gañador final, fixemos 4 grupos despois de falar cos clubs. 1 para os mais cativos (de seis e sete anos), 1 para os de 8 anos, e 2 grupos para os maiores. Tentaremos que os equipos que levan xogando todo o ano na mesma concentración non xoguen entre eles. Tentaremos tamén que se xoguen o maior número de partidos posible. Para iso, os partidos serán de 4 tempos de 7 minutos, cumprindo as reglas de sempre. Todos teñen que xogar nos 3 primeiros cuartos, e todos teñen que descansar un cuarto. Solo pode haber cambios no último cuarto. Esta regra, loxicamente, podese variar dependendo das diferentes circunstancias de cada equipo (lesión, número xogadores, cansancio, etc). Ten que imperar por enriba de todo a deportividade e a diversión.


GRUPO 1: Arxil, Cortegada, Dorna A, Meco A, Peixe e Xuven.

GRUPO 2: Arxil B, Baltar, Dorna B, Meco B, Rio Ulla e Xuven B.

GRUPO 3: Estudiantes, Grove A, Meco C, Poio e Xuven C.

GRUPO 4:(6,7 a.)Dorna, Grove B, Meco D, Xuven D e Liceo.

PROGRAMA ACTIVIDADES:

  • 09:30 Presentación dos equipos.

  • 10:00 Comezo dos encontros da mañá.

  • 14:00 Remate xornada matinal e traslado en bús ao Aquarium.

  • 14:00 Reparto Comida e Visita Aquarium Galicia para xantar na fermosa Praia das Pipas ou arredores)

  • 15:30 Volta ao Municipal

  • 16:00 Comezo dos encontros da tarde.

  • 19:00 Remate da xornada.

  • 19:05 Entrega de medallas, a cargo de diversas personalidades (Alcalde e Concellal Deportes de O Grove, Antonio Fernández -Patrocinador O Meco-, Cristina Tarrio -Delegada Arosana-etc)

  • 19:25 Saída andando ate o Muelle de Peralto para embarcar no Barco de Paseo.

  • 20:30 (Aprox.) Peche e Despedida.

7/5: Hoxe temos xa confirmada, gracias as xestions da Presidenta da Delegación Arosana Cristina Tarrio, a colaboración da Federación Española de Baloncesto que aportará material diverso (camisetas, gorras, balóns, etc). Tamén o Concello, a través do Alcalde, confirmou que tanto o barco como o Aquarium están a disposición do CB O Meco. Agora queda pechar de xeito definitivo os clubs e equipos participantes de Arousa, aos que se poden añadir algún club da Delegación Vigues a modo de invitación. Así pois, nos vindeiros días faremos público o programa de actividades para ese día xunto co horario e emparexamento de partidos.

19/4 A convivencia comenzará as 10 da mañá. Xogaranse partidos ate a 13:30. O club repartirá unha bolsa con comida (bocata, fruta e yogur). A xornada de tarde será de 16 as 19 horas. Tamén se farán sandwiches ao remate desta xornada. Nos vindeiros días darase a coñecer o programa definitivo (aquarium, barco, etc.)

Haberá 4 pistas e arbitrarán e farán de mesa os que neste momento están facendo os cursillos correspondentes.

Os clubs que están invitados á convivencia deben descargar o Impreso Responsable e envialo debidamente cuberto por fax ou facelo chegar ao club antes do día 17.

A falta de pechar o programa definitivo, confirmase a visita ao Acuarium e a viaxe en catamarán pola ría. Seguiremos informando das novidades que se vaian desenrolando.

O Club Baloncesto O Meco organizará o día 17 de maio a II Convivencia de Minibasket O Grove

Este ano contaremos coa presenza de preto de 200 rapaces de equipos de toda a provincia. Un dos acontecementos mais importantes de toda Galicia en cando a baloncesto de base.