Arquivo de novas 2

Archivo de novas 2


Novas antigas (Ate Abril 2009) Inicio - Foro - Patrocinador - Protectores - Colaboradores


ABRIL 20099

29/04/09 Recordade que este venres hai competicións oficiais e polo tanto, non hai adestramentos nese día. O sábado os equipos mais novos do Meco, nacidos nos anos 99/2000, 2001 e 2002, e Dorna xogarán pola mañá.

Finalmente a Convivencia do Meco retrasase ao Domingo 24 de Maio xa que o Rasoeiro organiza no fin de semana unha competición autonómica.

28/04/09 Este fin de semana da comezo a competición alevín A, e tamén o infantil feminino debuta na copa. Os mais cativos, os da Escola, teñen partido o sábado pola mañá. Será unha concentración de varios equipos.

Acercase xa o día, 9 de maio, da cena do X aniversario, e polo tanto tamén se pecha o plazo para a retirada de invitacións. Colle xa a túa antes do domingo 3 de maio.

Temos subída xa a páxina da convivencia 2009 que organiza o noso club. Aqueles clubs que desexen participar deben descargar e entregar os documentos de inscricion e responsabilidade de xeito obligatorio.

27/04/09 Ao noso equipo faltoulle garra na final a 4 alevín. Na loita polo 3º e 4º posto, os de Cambados estiveron mais metidos no partido e fixéronse xustamente co partido. Seguro que esta final serviralles de lección para futuras ocasións.

Na final,o CBC demostrou o seu potencial e acabou impoñendose ao Dorna, que empurrado pola súa xente, despois de xogar un gran partido e levar avantaxe no marcador, acabou perdendo gas no 5º tempo cando os de Pontevedra presionaron en ataque e foronse definitivamente no marcador.

Gran experiencia para todos e esperemos que a Delegación saque notas desta final.

25/04/09 Moi bo o partido xogado polos nosos alevíns na Illa ante o Cidade de Pontevedra. O partido estivo igualado nos primeiros 4 tempos aínda que a desventaxa en centimetros fixo que os nosos altos se cargaran de personais. No 5º tempo os da capital meteron ao mellor quinteto e foron quen de despegarse e acadar unha renta de 14 puntos que aguantaron ate o final. Destacar a entrega do equipo. Solo a baixa porcentaxe no tiro impedeu que tiveramos opcións ao final. Mañán, domingo, xogamos polo 3º e 4º posto ante o Xuven que perdeu na outra semifinal co anfitrión, o Dorna.

20/04/09 Dani Prol acaba de subirnos a Meco TV un dos partidos calificados como históricos no noso club, cando eran infantiles Prol, Pablo, Mario, Bruno, etc. e Dani Franco como adestrador. Partidazo.

O único compromiso do Meco neste fin de semana será a final a 4 dos alevíns na Illa da Arousa. Complicado se presenta este partido para os de Manu. O Cidade de Pontevedra ten un dos equipos mais potentes nesta categoría nos ultimos anos. ¿Qué arma secreta terá Manu gardada no bolsillo esta vez?

20/04/09 Remata este fin de semana a liga alevín A masculina coa disputa da Final a 4 na Illa da Arousa. Os nosos enfrontaranse ao Cidade de Pontevedra na primeira das semifinais.

Enfilamos a recta final da tempada coa competición de Copa nas categorías alevín A (Masc. e Fem.), Infantíl e Cadete.

Os Alevín Masc. quedaron emparexados con Dorna, Liceo e Arxil mentras que o Alevín Feminíno xogará contra Rio Ulla, Xuven e CBC. Os 2 primeiros clasificados de cada grupo xogarán unha final a 4.

As infantís comezan a Copa este fin de semana xogando na casa do Liceo, logo en Carril e rematando casa contra Cesures. O campión saldrá dunha final entre os 2 primeiros clasificados.

As cadetes participarán na tradicional Copa cadete/junior e mediranse ao junior do Baltar en Portonovo.

17/04/09 As Escolas de baloncesto do CBC e do Meco ensinaronnos unha mostra do futuro. En categoría alevín os nosos nada puideron facer ante o gran partido dos de Pontevedra, claros favoritos ao titulo. Moi lentos e espesos os nosos chavales nesta ocasión. O partido dos benxamíns estuvo moi entretido con continuo intercambio de canastras. O mesmo lle pasou aos prebenxamíns.

17/04/09 O partido dos mais pequenos é as 11 e non as 11:30 como estaba escrito. Desculpade as molestias.

16/04/09 Están xa a venda os vales para a Cena 10º aniversario en Copyman, Bar Manos e no club. Non faltes.

Hai subidos algúns videos do Torneo 3x3 e dos mais pequenos celebrado en semana santa, en Meco TV

Este fin de semana temos partidos amigables, sendo importante o do alevín A que vai preparar a final four con un dos favoritos a facerse co titulo de campión.

O vindeiro luns 20, haberá reunión na Delegación Arousá para configurar os calendarios de Copa de tódalas categorías.

15/04/09 Para rematar cos actos da Basketcup e antes de retomar a competición, temos xa subidas as fotos destes días en Fotos do Club. O noso agradecemento agradecemento tamén ao equipo de Todogrove pola cesión de algunhas fotografías.

14/04/09 Un dos actos mais destacados da Basketcup foi sin ningunha dúbida a haka que os xogadores do Meco e de Nova Zelandia protagonizaron nas pistas de Fontecarmoa e que obligou a paralizar os partidos que se estaban disputando. Fantástica a grabación de Muchi que non se perdeu detalle dos 2 equipos Video da Haka

Despois de que tódolas seleccións retornaran aos seus paises, Mel Young (Presidente da Federación Neozelandesa e xefe da expedición) quixo voltar ao Grove para coñecer o noso pobo e agradecernos o trato recibido durante estes días.

(Noticia)

12/04/09 Acabamos de volver do Vilagarcía Arena con unha inolvidable experiencia para os mais cativos. Veremos aquí nos vindeiros días a mostra en forma de imaxes e videos. O mais destacado foi a duelo de Hakas que os alevíns do Meco lle votaron a selección de Nova Zelandia, témolo video, algo que non imos olvidar. A Haka paralizou totalmente tódolos partidos que se estaban disputando nese intre. Todos aqueles que dispoñades de algún material (videos, fotos) pedímosvos por favor que nolas mandedes para facer unha reportaxe especial.

Como mostra esta foto de Suso, o fantástico e incombustible animador que acedeu a posar con nós. (foto: Carlos Torres)


Chicui tamén quixo estar con nós para agradecer a nosa colaboración no show dos triples. Os chavales disfrutaron como tolos.

Tamén aproveitamos para felicitar a Organización da Basketcup 2009 e felicitalos polo seu bo traballo.

07/04/09 A organización da Basketcup tivo que variar os horarios e algún partido debido a inclusión de algún equipo a última hora. Consulta o calendario definitivo.

07/04/09 Gran experiencia a vivida hoxe por tódolos compoñentes do Meco. Un partido Rusia - Nova Zelandia non se ve cada día así que a expectación despertada por estes equipos fixo que o pavillón practicamente se enchese para ver este aperitivo da Basketcup. Os rusos gañaron o trofeo pero os das antípodas gañáronse ó público e acabaron meténdose a xente no bolsillo. (Ver noticia)

(foto todogrove)

AVISO: Os alevins e benxamíns que vaian a ver o encontro que leven o chandal para sacar unha foto coas dúas seleccións.

06/04/09. NUEVA ZELANDA - RUSIA

A SELECCIÓN SUB-18 DE RUSIA sustituirá a ANGOLA no TORENO CONCELLO DO GROVE. A selección angoleña non chegará ata mañá a terras galegas por este motivo, o combinado europeo será a que dispute o encontro que o noso club organiza mañá martes 7 ás 20 horas no pavillon Monte da vila.

03/04/09 Podes consultar xa aquí a relación dos equipos do Meco que acuden a Basketcup 2009, un acontecemento moi esperado por tódolos xogadores do Meco.

Atentos as novidades enmarcadas dentro do X aniversario do CB O Meco. Celebrarémolo con unha Cena no Villa Juanita, o sábado 9 de Maio as 22:00 Este acto servirá para reunir a tódala familia do Meco. Pronto terémolo menú aquí. Podes ir reservando plaza no Bar Manos, Copistería Copyman e no club. O prezo por persona será 30 €.

O único partido que se xoga este fin de semana é o Cadete Fem. contra o Dorna, partido que fora aprazado antes.

O Mércores disputaremos un Torneo 3 x 3 para os xogadores alevíns. Empezará as 17:00 e rematará as 20:30.

Ese mesmo día os pre-benxamíns teñen partido de 17:00 a 18:00. Outro show garantizado.

Está é a verdadeira xoia da coroa do Meco. Noraboa Jandro e Raúl.

MARZO 2009

15/03/09 As junior non puideron coas santiguesas Ate o descanso o ritmo marcámolo nos pero a falta de rotación fixo que perderamos gas. Algo que se está convertíndo na tónica desta tempada.

14/03/09 A falta do partido das júnior, a xogar mañán, completoóuse a xornada neste sábado. Os sénior impuxéronse ao Portonovo non bo partido. Este é un dos rivales directos de cara a meterse na final a 4 co que aínda temos opcións. As infantís caíron en Cesures ao igual que as alevín Fem. A. As baixas restaron potencial aos equipos pero loitaron ate o final. Os partidos foron moi intensos e tivemos opción de gañar. Ao final o Cesures estivo mais acertado. Pola mañan xogaronse o resto dos equipos alevíns, que deixaron moi bo sabor de boca a pesar das derrotas. A progresión é mais que evidente.

09/03/09 Os senior voltaron a caer fora, aínda que xogaron ben nada puideron facer ante o acerto exterior dos da Illa. Quedan agora por diante 3 partidos que hai que gañar para intentar meterse na final a 4. A empresa é moi dificil. As cadetes fixeron un bo partido na Illa e impuxeronse ao Dorna nos últimos instantes. Tamén as infantiles derrotaron ao Liceo nun partido que encarrilaron dende o primeiro minuto, e donde as alevíns tiveron un papel determinante. Os alevíns de Manu impuxéronse sin ningún problema oa Estudiantes mentras que o resto dos equipos non tiveron sorte. Esta nova liga supon un nivel un pouco mais alto e aos nosos equipos estalles costando meterse nesta nova dinámica de mais rapidez e forza.

06/03/09 Aínda que sexa un pouco tarde, como ben dí alguén no noso foro, temos que darlle a NORABOA aos xogadores Manu, Xoel e Saulo, que xunto cos adestradores Manu e Dani Franco formaron parte da Selección Arousana que acadou o subcampionato galego o pasado fin de semana en Sarria, Lugo.

05/03/09 Atentos ao cambio de horario dos partidos cadete fem. e alevín mixto.

01/03/09 Rematada xa a xornada co partido dos sénior. Aínda que se pode apreciar que non están finos, os nosos maiores xogaron momentos de bo basket e foron en todo momento superiores ao Santomé.

As junior viaxaron en cuadro a Noia e aguantaron o tipo ate que as forzas responderon. Por outra banda, as cadetes sucumbiron en Pontevedra ante o Arxil. A baixa de Nati notouse demasiado.

As alevín A impuxéronse a un animoso Xuven nun mal partido e onde cabe destacar a actuación de Silvia.

O alevín A resolviu comodamente o seu partido ante o xoven conxunto da Estrada. Debut de Samuel nas nosas filas.

Os alevín B de Jandro gañaron o seu emocionante partido ante o Grove, nos últimos segundos.

Para rematar, o alevín mixto caíu ante o BBC, aínda que non baixamos os brazos as cousas non saíron ben nesta ocasión.

FEBREIRO 2009

28/02/09 Retomámola competición, sin que rematen as festas, con varios partidos no día de hoxe. As cadetes viaxan a Pontevedra para medirse ao Arxil coa baixa de Cati, algo que mermará o noso potencial en ataque.

Os equipos alevíns dan comezo a segunda fase. Unha liga a unha volta que promete ser interesante e competida.

As junior viaxan a Noia o domingo pola mañá coa intención de estrenarse no casilleiro de vitorias e os Senior reciben o equipo cambadés Pub A Leria. Un resultado positivo debería volver a meternos no bo camiño.

25/02/09 As festas do Carnaval deixaronnos imaxes de moita xente do club disfrutando do Entroido. Fotos.

Reanúdanse hoxe os adestramentos no Pavillón Monte da Vila unha vez que se retiraron os elementos do Carnaval e o Concello cumpliu coa súa palabra por 1ª vez en anos.

19/02/09 Este fin de semana o único partido a disputar será un amistoso do Infantíl feminino en Cambados o sábado as 10:30. A saída será as 9:30

Aproveitando o parón ligueiro polo Carnaval, este venres haberá unha xuntanza de adestradores para debatir e mellorar aspectos técnicos. Será no Colexio Rosalía de Castro de 4 a 6.

18/02/09 Como todos sabedes, a partir de mañá xoves comeza a montaxe de gradas, palco, etc para o festival de comparsas. Polo tanto, este fin de semana non haberá xornada de liga para ningún equipo do Meco. Disfrutade do Carnaval.

Por outra banda, comunicar que a partir do 1 de Marzo dá comezo a 2ª fase de liga alevín para os equipos Femininos A e B, e o Mixto C. Serán ligas de 5 partidos. 6 equipos en cada grupo a 1 sola volta. Podes consultalos calendarios na categoría Mini-basket Mixto aquí e os emparellamentos da xornada do 1 de marzo á dereita.

14/02/09 Rematou xa a xornada que abrían os alevín A en Pontevedra. O Cidade de Pontevedra, posiblemente o mellor equipo da liga, foi superior aos nosos.

A mesma hora, as infantís xogaban o mellor partido no que vai de tempada ante o Cortegada. A saída inicial fixo que o partido quedase resolto no 1º cuarto.

Os alevín B de Jandro pecharon a súa participación nesta liga impoñéndose, non sin moitos apuros, ao Peixe. O noso equipo quedou 1º do seu grupo.

As alevíns xogaban en Pontevedra ante o mellor equipo da Liga, o Arxil. Pouco puidemos facer ante o gran potencial do equipo pontevedrés.

O senior deu un paso atrás importante de cara a meterse na Final a 4, tras perder de 16 en Vilanova. A baixa de Caye debilitou o potencial dos nosos baixo os aros.

Por último, as cadetes impuxéronse ao Estrada, nun partido facil para as xogadoras de Andrea e Brais.

09/02/09 Temos practicamente pechados os horarios desta vindeira xornada, que está marcada pola cantidade de partidos. Suliñar que o enfrentamento de liga entre os alevíns B e C xógase este mércores as 18:30, algo que obriga a que as alevín A adestren as 16:15 e os alevín B adestren as 19:30. Recordade que na fin de semana de carnaval (21 e 22 de febreiro) non hai xornada de liga.

08/02/09 21:30 Confirmouse o previsto. O clima fixo que non se puidese disputar o partido dos senior e que se tiveran que aprazar os adestramentos para mañán luns en Rosalía. Aproveitamos para recordarlles a tódolos xogadores do Meco que MAÑAN, LUNS 9 NON HABERÁ CLASES POR MOR DO MAL TEMPO. Nota da Xunta

Hoxe xogan os senior ante o Rio Ulla (si a humidade non o impide) coa novidade de Manu Bello no banquillo compartindo a dirección do equipo con Jon.

Os mais cativos xogaron onte na Illa da Arousa. Para algúns deles foi a 1ª vez e seguro que non o olvidarán. As junior xogaron tamén onte o partido que fora aprazado ante o Xuven, e nada puideron facer as rapazas de Jon ante o mellor xogo das locais.

As alevíns de Dani Prol xogaron en Conmeniño un moi bo partido. Moi boa intensidade e xogando en equipo. Moi boa a progresión.

06/02/09 Para os que acaban de incorporarse ao club, comunicámoslles que temos no apartado documentación unha guía para pais que de seguro lle aclarará moitas dúbidas. Tamén temos a entrevista a Celia Forte, unha das xoias do futuro do Meco.

05/02/09 Este sábado, si o tempo non o volve a impedir, os xogadores da Escola de Basket (2000/01/02) teñen partido na Illa da Arousa. Os 3 equipos xogarán ao mesmo tempo.

04/02/09 Temos xa os horarios definitivos do fin de semana. Os senior reciben ao Rio Ulla coa obriga de cambiala imaxe do último partido. As junior viaxan a Cambados para xogar un aprazado e o alevín feminino recibe ao Cortegada nunha nova xornada de liga. O resto dos equipos, ou ben descansan ou están a espera de empezar unha nova competición como é o caso dos alevíns.

Tamén este fin de semana se disputa o campionato de Delegacións zonais donde a Arousá ten representación con nome propio. Os xogadores Xoel, Saulo e Manu viaxan a Sarria (Lugo) acompañados dos adestradores tamén da casa, Manu Bello e Dani Franco. Sorte a todos eles.

02/02/09 O mal tempo e os partidos de seleccións zonais fan que se trastoquen os calendarios, encontrándonos con moitos partidos aprazados e pendientes de xogar. De tódolos xeitos, os equipos siguen adestrándose coas mismas gañas.

E para mostra, as alevín A que cada día siguen aumentando o grupo e mellorando. Seguro que no futuro nos darán moitas alegrías.

Estamos xa traballando nos actos da Basketcup de Vilagarcía. Unha verdadeira festa do basket co mellor de Europa en xoves promesas e tamén unha FESTA para os nosos xogadores que aparte de xogar participan nas numerosas actividades que alí se celebran.

XANEIRO 2009

30/01/09 Hoxe venres hai adestramentos para tódolos equipos.

29/01/09 ULTIMA HORA Suspendidos tódolos partidos deste fin de semana do 31 e 1 de febreiro por mor do mal tempo. Orde da Xunta

Presentasenos un fin de semana similar ao anterior, e polo tanto complicado para a disputa dos partidos programados. A humidade pode facer que se volten a aprazar partidos. Estade, entón, atentos as últimas novas aquí mesmo.

25/01/09 Os senior non puderon co Grove no derby local. O partido xogado na mañá de hoxe resultou igualado e decantouse do bando local por 3 puntos.

Mentras tanto, o alevín A impoñíase nun competido encontro ao BBC a domicilio.

23/01/09 Os partidos de Mini que se tiñan que disputar esta xornada tanto en Monte da Vila como en Conmeniño queda aprazados debido a humidade nas pistas. Algo que vai a afectar de seguro ao pavillóns dos pobos veciños. Os partidos do domingo quedan a espera da evolución do tempo.

Estamos as portas de outro fin de semana cando os senior xogan un partido importante, que non decisivo. Tanto o Grove como nós somos equipos aspirantes a meterse na final a 4, polo tanto o que gañe sumará unha vitoria que valdrá doble.

As junior por fin reanudan a competición e fano ante o Baltar, un equipo en principio asequible pero ante o que non hai que confiarse xa que nos deu un susto no Torneo de Apertura. As xogadoras están desexando voltar a xogar.

Tanto as cadetes como as infantís teñen xornada de parón a espera do comezo da Liga a vindeira fin de semán, cando xogarán cos mesmos equipos e coa aspiración de mellorar o papel da competición inicial.

Na categoría Mini, os equipos Masculino B, Feminino B e Mixto chegan ao remate desta 1ª fase con unha actuación mais que notable. Siguen os equipos A (masc. e fem) xa que as suas ligas teñen mais equipos.

A aposta feita a principio de tempada de crear tantos equipos para que todos xogaran mais mellorando técnicamente e por outra banda deixando as portas abertas a incorporación de mais xente ate completar as plantillas, cumpliuse. Temos entón, unha base piramidal moi sólida que nos permitirá afrontar, en teoría, as vindeiras tempadas sin agobios a hora de presentar equipos. Pero o mais salientable, foi que tras participar nunha competición con tantos equipos coa carga de traballo que supón, foramos quen de poder xogar tódolos partidos sin aprazamentos por falta de mesas, adestradores, arbitros, etc.

18/01/09 Completouse unha xornada mais co partido das cadetes ante o Riveira que ao igual que no primeiro partido voltouse a mostrar superior as nosas. Esta semán haberá reunión para o calendario da liga zonal donde as nosas teñen que dar o verdadeiro nivel. O grupo é cada día mais numeroso e está mais unído. Ate o de agora sobresaliente.

O mesmo se pode decir do minibasket que a punto están de rematar esta 1ª fase da liga. Cada día somos mais, e xogando mellor. Aparte deso, acompañanos os resultados.

17/01/09 Cumpliu co guión o equipo senior impuñendose sin problemas ao Estudiantes. Os nosos, que presentaban as baixas de Caye e Chavo, mostraronse superiores aos de Pontevedra que acudiron con só 6 efectivos.

As infantís xogaron moito mellor hoxe no Estadio de Balaidos ante o Seis do Nadal. A pesar da clara superioridade das viguesas, as nosas xogadoras deron a cara e crearon moitas ocasións.

O Alevín A sumou outra victoria en Vilagarcía. Tuvo que traballar o equipo de Manu para doblegar ao Liceo que conseguiu recortar a ventaxa dos nosos de 17 puntos ate deixalo en 4.

As Alevín A foron moi superiores ao Peixe. As locales empezaron abrindo brecha no marcador acabando ben os seus contraataques. A partir de ahí, puxéronse as pilas as nosas conseguindo un parcial de 9-0 que seguiría con esa tónica ate o final.

16/01/09 Fin de semana importante para os senior. Co 2º partido da 2ª volta empeza unha serie de encontros que nos teñen que manter entre os 4 primeiros da clasificación e optar a xogar a final a 4. Calidade temos de sobra, e seguro que este ano imos levar outra alegría a fin de tempada.

Os equipos femininos xogan os partidos de volta nos cruces de clasificación para a liga galega. Partidos que nos teñen que servir de preparación para a liga que está a piques de empezar e na que temos que dar o noso nivel.

Os equipos alevíns acercanse ao final de liga coas expectativas de principio de tempada, practicamente cumplidas. Excelente o papel que están desempeñando tódolos xoves xogadores do Meco, cunha progresión mais que evidente. Pero, preparémonos para esa fornada bebé que Jandro e Raúl están parindo. O futuro é noso.

11/01/09 Completouse xa a xornada co partido das cadetes en Riveira. O marcador non reflexa a verdadeira diferencia entre ambos equipos xa que as nosas xogadoras tiveron un moi mal día con fallos en tódolos apartados do xogo. Seguro que no encontro de volta imos dar mellor imaxe.

A nota positiva derona os alevín C, vencendo nesta ocasión na súa visita ao Arxil A. A notable diferencia física e de idade non foi obstaculo para que o noso equipo fixera un gran partido impoñendose a partir da defensa. ¡Noraboa CAMPIONS!

10/01/09 Primeira xornada do ano coa resaca das festas aínda no corpo.

Os senior visitaban ao Laxe, que nolas tiña gardadas. Os nosos nada puderon facer ante os lideres.

Tampouco as infantiles fumos quen de plantarlle cara a un vendaval como foi o Seis de Nadal de Vigo, equipo campión galego na tempada pasada en alevín. A loita e entrega das rapazas do Meco fracasaban ante a superioridade física e técnica das viguesas.

No referente aos Mini, o Alevin A de Manu sufríu a 1ª derrota da liga ante o Dorna, mentres que as Alevín A derrotaban, con moitos problemas, ao entusiasta equipo do Liceo. O equipo Masculino B de Alejandro conseguiu outra vitoria en Vilagarcia e as B de Manu caíron ante o Rio Ulla.

07/01/09 Reanúdanse hoxe mércores os adestramentos para tódolos equipos unha vez rematadas as festas de Nadal. A importante xornada que temos diante obliganos a poñernos as pilas rápido. Os senior reanudan a liga visitando ao lider, Laxe, que querrán devolvernos a única derrota que sufriron esta tempada.

A sección feminina ten enfrentamento de clasificación para a liga Galega, un premio ao bo traballo feito ate o de agora.

Os equipos alevín voltan o competición co obxetivo de seguir progresando, tanto en número como tecnicamente, independentemente da boa clasificación nas respectivas ligas.

DECEMBRO 2008

23/12/08 O Club Baloncesto O Meco quere desexarvos a tódolos compoñentes da familia do Club unhas felices festas e o mellor para o vindeiro 2009. Postal

Pasou o día da lotería e seguimos coas mesmas ilusións que ao principio de tempada.

Celebráronse xa os emparellamentos dos 'Cruces clasificatorios 1/8 final' para o acceso a Liga Galega dos equipos infantil e cadete femininos. Este foi o resultado:

11/01/08 (18/1 volta)

Infantil : Meco - Seis do Nadal

Cadete: Reale Seguros Riveira - Meco

21/12/08 Un equipo formado por xogadores alevíns dos anos 97/98 participaron onte no Torneo de Nadal organizado polo Marín Peixegalego (aos que felicitamos e agradecemos a invitación) xogando contra o Seis de Nadal de Vigo, Agustinos de León e Coruña.

Suliñar que Alberto Padín se proclamou campión do Concurso de Triples trás un emocionante e agónico concurso. ¡Noraboa Alberto! Consultar.

A selección Arousá alevín, diríxida por Manu Bello, e na que participan os xogadores Xoel, Manu e Saulo, disputaron tamén onte unha concentración. Podes consultar os resultados.

Os sénior impuxéronse onte ao Umia, en partido que fora aprazado. Con esta vitoria os nosos siguen metidos nese grupo de cabeza que ao final de liga permitirá disputalo título.

19/12/08 Está subida a entrevista a Celia Forte, unha das xoias da canteira do Meco

17/12/08 Os equipos infantil fem. e cadete fem. do Meco xogarán os cruces de ascenso a Liga Galega. O sorteo dos emparellamentos terá lugar o 20 de Decembro na Federación Galega de Baloncesto. Os nosos equipos remataron a Liga na 2ª posición nos seus respectivos grupos.

Por outra banda, o equipo sénior participará nun triangular este Nadal. Será na vila de Soutomaior e competirá xunto ao Rosalía de Santiago e o equipo anfitrión, Arcade. Este Torneo terá lugar no Pavillón Montesiña o 27 de Decembro a partir das 16:30 xogándose 3 partidos de 20 minutos divididos en 2 tempos de 10 min., comenzando co Meco - Rosalía.

15/12/08 Este vindeiro fin de semana non haberá xornada de liga debido ao parón navideño. O único partido oficial será o aprazado dos senior contra o Umia.

Este parón será aproveitado para celebrarse unha xornada mais do campionato de seleccións zonais donde o noso club estará representado por 3 xogadores (Xoel Iglesias, Manu Bello e Saulo Sanchez) ademais do Adestrador Manu Bello que será o encargado de dirixir á Selección Arousá, que se medirá as seleccións de Ourense e Vigo. Que aproveiten esta oportunidade e a disfruten ao máximo. Consultar

Por outra banda, o noso club estará representado no Torneo de Nadal organizado polo CB. Marin Peixegalego e competirá con outros 5 equipos. O Meco estará encuadrado co Seis do Nadal de Vigo e o Colegio Agustinos de León. Consultar

14/12/08 Vitoria as cadetes no último partido de liga ante o Dorna. Así, unha vez rematado o campionato, O Meco fíxose coa segunda posición.

O alevín mixto, a pesar de perder, fixo o mellor partido do que vai de liga xogando moitos minutos con un xogo moi brillante. O equipo mais novo chegou ao final do 5º sexto con 12 puntos de desvantaxe contra o Rio Ulla, que pode ser o equipo mais completo deste grupo.

14/12/08 Completouse a xornada do sábado con sorte dispar para os nosos equipos.

Os sénior xa perderan en partido adiantado ao luns en Portonovo deixando unha grandísima imaxe. A falta de efectivos (lesión de Jon e Caye, excluídos Chavo e Món) fixo que perderamos gas no tempo extra.

As infantís viron como se esfumaban as súas opcións de facerse co título de liga, tras caer na derradeira xornada de liga ante o Arxil. Despois de un moi bo 1º tempo cando as nosas dominaron o xogo, ven a lesión de Laura V. e a partir de aí o Arxil apertou conquerindo maiores diferenzas ate o no último cuarto as nosas baixaron os brazos. O subcampeonato de liga é un premio merecido grazas ao traballo das rapazas.

Os alevíns A, empezaron despistados en Cambados pero a bronca de Manu no descanso fixo que se puxeran as pilas e acabasen facendo un 2º tempo no que superaron por completo aos seus rivais, acadando unha vitoria mais que os mantén no 1º posto da clasificación.

Os Alevín B, sufriron a súa 1ª derrota da tempada no seu peor partido da liga. A ansiedade por querer resolver pronto fixo que cometésemos moitos erros, algo que nos debe de servir como lección de cara a vindeiros partidos. A pesar deste contratempo os de Jandro mantéñense como líderes.

As Alevín A xogaron un mal partido en Cesures, contaxiándose do descontrol do equipo rival e dun arbitraxe que perdía 1 minuto real de tempo de cada sinalización de falta. A nota positiva foron os minutos xogados por xogadoras como Lara, Sonia e María que seguen na súa progresión.

As Alevín B de Manu impuxéronse sen problemas ao Arxil nun partido de clara superioridade e ónde Aida deu un recital.

13/12/08 Xa está o número 19 da revista colgada na sección A REVISTA. Este més, entrevista aos irmáns García (Cayetano, Natalia e Laura)

06/12/08 Si a derradeira xornada levábamos unha gran alegría polo pleno de vitorias, neste sábado os resultados para os nosos equipos foron negativos. Os 3 equipos alevíns non tiveron o seu día.

As alevíns caíron ante o mellor equipo feminino dos últimos anos. Nos 2 primeiros cuartos puxémoslle as cousas difíciles pero logo quedámonos sin fuelle.

Os alevín mixto non xogaron un bo partido, e aparte da inferioridade física, perdemos moitos balóns. Pero hai algo que non se pode negar, este equipo loita cada balón e intenta sempre mellorar.

As Alevín B esta vez non puideron coas rapazas do Arxil. A nota positiva é a gran cantidade de xogadoras coas que conta Manu, e a sensación de mellora que van tendo día a día.

Os Alevíns de Jandro viron como o seu partido tiña que ser suspendido por mor da humidade na pista no terceiro cuarto, e logo de producirse varias caídas. O resultado ate ese intre era de 10 - 26 para os nosos.

04/12/08 Por fin. Si, xa están aqui as novas canastras. Despois de moitos anos de promesas e fume, se cumpríu unha deuda histórica co baloncesto do Grove. O noso club estivo dende hai moito tempo reclamando esta mellora. Podemos decir que estamos de noraboa e aproveitamos para agradecerlles aos responsables do Concello que cumpriran co que prometeran. Grazas. (Noticia e fotos en Todogrove.com)

NOVEMBRO 2008

29/11/08 Completouse xa totalmente a xornada. Tódolos equipos do Meco xogaron os seus partidos neste sábado co que por fin temos o domingo para descansar. É dificil atopar unha xornada cando todos os equipos nosos gañen os seus partidos.

As alevíns A abrían a xornada en Conmeniño impoñéndose ao Xuven destacando unha vez mais a concentración en defensa e acertando na saída ao contraataque. Pouco mais tarde, os alevín A impoñíanse nun partido sin historia na Estrada, e por un resultado contundente.

No mesmo pavillón, 2 horas antes as cadetes non se deixaron invadir polo frio e resolveron rápido o partido que aproveitaron Andrea e Brais para dar minutos as menos habituais.

O duelo da xornada protagonizabano os equipos B e C, ónde o equipo mixto se impuxo nun partido moi disputado e ónde tamén poidemos ver detalles de calidade das xoves promesas do noso club.

Moi bo tamén o partido dos alevíns B de Jandro que se impuxeron en Marín ao Peixe, cunha moi boa progresión do todo o equipo e en especial dos xogadores mais novos que comezan a aportar cousas positivas ao equipo.

Os senior cumpliron o trámite e voltaron coa vitoria a casa logo de impoñerse ao Pub A Leira en Cambados. O partido non tuvo un xogo moi vistoso como ben indica o resultado, pero os nosos siguen no bo camiño e con mentalidade gañadora.

28/11/08 Este fin de semana preséntanse uns partidos que en teoría deberían ser fáciles para o Meco, aínda que en baloncesto non se pode cantar vitoria antes de xogar. Esperemos, sobre todo, que os senior sigan na boa senda dos últimos partidos.

Podes consultar no apartado Circular os horarios de saída dos partidos, e no que tamén pedimos que se poña o nome ou iniciais dos xogadores nas etiquetas, ou bordados, -como queirades- nos chandales e na camiseta de quentamento (azul de todogrove) para evitar confusións coa roupa.

Queda xa pouco tempo para a lotería de Nadal, así que temos que ir empezando a entregala lotería.

23/11/08 O portal todogrove acaba de publicar a información e fotos dos eventos do Meco deste fín de semana, dende os senior (estadísticas, fotos e video), ate os alevín A e a Concentración Benxamín.

Que gran sabor de boca nos deixou a Concentración Benxamín que nos tocaba organizar nesta xornada. As bancadas cheas de xente foron testigos da festa do basquet. Os nosos chavales conviviron e xogaron cos amigos do Dorna, BBC e Cidade de Pontevedra.

Pouco antes as junior remataban en Noia o seu partido de liga no que seguíron o guión particular deste ano. Moita loita, concentradas no xogo pero fallando no que define os partidos, que foi a falta de acerto baixo o aro. A pesar destas derrotas, as junior son un orgullo para o club por todo o que poñen nos partidos, dedicación, entrega e compromiso.

As infantiles xogaron o peor partido desta liga ante o Rio Ulla. Estivemos moi espesas en ataque, e perdemos demasiados balóns en malos pases. A vitoria permítenos seguir a senda do Arxil que nos aventaxa en un punto.

22/11/08 Rematou xa a xornada do Sábado coa vitoria dos senior diante do S. Mauro, naun partido que non vai pasar a historia polo bo xogo desplegado. Foi un partido cómodo no que os nosos administraron ben a ventaxa inicial. Demasiados balóns perdidos por ambos equipos e destacar a labor de Caye debaixo dos aros e o acerto exterior de Jon.

A mañán empezóu coa vitoria do alevín C na casa do Arxil B. Están os nosos aprendendo demasiado rápido nesta liga alevín xa que teñen que estar ao 200 %.

O alevín A de Manu impúxose a un dos favorítos, o Cidade de Pontevedra, nun partido emocionante onde os parciales do 5º e 6º tempo foron 21-0 e 1-21. Víronse momentos de moi bo nivel.

Os alevín B de Jandro impuxeronse nun partido tamén emocionante ao Dorna B. Jandro aproveitou o parcial inicial de 17 -2 para repartir minutos.

As rapazas de Manu loitaron todo o partido pero nada poideron facer ante a superioridade física do Grove.

19/11/08 Temos por diante outro fin de semana de moita actividade. Dende os senior, que con unha vitoria meteríanse na boa senda, pasando polas junior en Noia a intentar gañar ese partido, e as infantiles que con un resultado positivo seguirían con opcións de facerse co título de Liga, ate chegar aos mini con esta xornada tan completa de partidos.

A guinda poñena os mais peques coa Convivencia Benxamín. Será este domingo, e en ela participarán 3 equipos do Meco (Benxamíns de 1º, 2º e 3º ano), 3 do Dorna, 2 do BBC e 1 do Cidade de Pontevedra. Xogaranse 3 xornadas e dará comezo as 5 da tarde, rematando arredor das 7.

16/11/08 Rematou o fin de semana cos partidos das cadetes e junior. As cadetes recibían ao lider do grupo e nada puideron facer as nosas para doblegar as pontevedresas. As junior, por outra banda, estiveron ahí. A punto de levarse o partido sinon fora pola falta de acerto baixo os aros. Como sempre, resaltar a entrega ate o final.

15/11/08 Xornada fantástica con pleno de vitorias dos equipos do Meco. Sobre todo, a dos senior que deron unha imaxe moi seria e xogando un gran partido. Rompese así a tendencia perdedora e os nosos demostran que van a estar ahí de cara o final de liga. Gañar en Cesures non é nada facil.

Empezaba a mañán coa demostración de loita e garra do alevín C impoñendose ao Arxil A, que nos doblada en altura. Os xogadores fixeronnos vibrar unha vez mais cunha actuación impropia da súa idade.

Os alevíns de Jandro siguen na súa liña, a base de velocidade desarbolan a calquera que se lle poña diante..

Pechaban a xornada as infantís. Seguimos na liña ascendente. O Liceo aguantou ate o descanso, a partir de ahí as nosas apretaron e a base de contraataques desequilibramos o partido

14/11/08 Atentos ao cambio de programación dos partidos do alevín feminino por causa de cambio de 1 equipo do grupo A ao B na 3ª xornada. As alevíns B que tiñan descanso, ao final xogan en Cesures o sábado as 5. Por outro lado, as alevín A xogan en Vilagarcía co Liceo o sábado as 6.

Consulta o apartado Circular

11/11/08 Temos xa os horarios do vindeiro fin de semana subidos. Unha xornada cando nos xogamos partidos importantes como o dos senior, obligados a cortar esa racha negativa, a das cadetes para intentar dar a sorpresa recibindo ao Arxil, e das infantís para non perder de vista a 1ª posición.

10/11/08 As junior, unha vez rematada a liga, quedaron emparelladas co Noia para a loita polo 3º e 4º posto. O primeiro envite será este domingo.

09/11/08 Completouse a xornada cos partidos femeninos na tarde do domingo na que as infantiles brindaronnos un emocionante choque que perdemos de 6. Importante, moi importante é a actitude das xogadoras defendendo a morte todo o partido. Temos unha asignatura pendente que son os tiros libre.

Por outra banda as junior caeron ante o Peleteiro, principal aspirante a facerse coa primeira praza, pero non sin que as nosas lle plantaran cara. Este grupo é un dos mais unidos dende fai tempo e vese que disfrutan xogando. Están na boa liña.

Outra vez mais, a nota positiva deronna os alevíns (esta vez os de Jandro) gañando en Cambados ao Xuven 'B' e sobre todo dándolle protagonismo aos que levan menos tempo. Resaltar o bo camiño que nestas 2 xornadas levan os equipos A e B que van imbatidos nos 4 grupos.

Están subidos xa os partidos da nova xornada

08/11/08 22:25 Nova derrota dos senior en Vilagarcía e xa van 3 consecutivas. É perigoso entrar nesta dinámica polo que o grupo debe sair mais centrado no vindeiro partido e tentar cambialo rumbo.

As cadetes perderon na Illa ante o Dorna nun mal partido. Ainda que loitaron non foron quen de darlle a volta e perdemos por unha diferencia curta.

Menos mal que as alevíns B de Manu nos deron a nota positiva da tarde impoñendose por un abultado marcador ao Arxil B en Pontevedra.

15:08 Abrímola xornada con vitorias dos alevíns A en Conmeniño en partidos de non moi boa calidade, destacando os bos destellos de xogo a rachas dos rapaces e a intensidade da benxamín Tamara xogando coas alevíns. Así pois, os 2 equipos siguen invitos na Liga.

07/11/08 O vindeiro venres 14 vaise celebrar a Asemblea Xeral de Socios na Casa da Cultura as 9:00 da noite. A ela están convocados tódolos socios do Club Baloncesto O Meco e trataranse os típicos asuntos anuais, Balance Deportivo, Balance Económico, Proxectos e Situación do club nesta tempada, e Rogos e Preguntas.

05/11/08 No apartado Circular temos os horarios de saída, pavillóns de xogo, etc. Tamén uns consellos para pais e xogadores.

Atentos ao cambio de horario dos alevíns A de Conmeniño a petición do Peixe.

Parece que estamos de noraboa. En 15 días terémolas novas canastras 'Mondo' regulables en altura (Minibasket e maiores). Van alá demasiadas promesas que caíron en saco roto, esperemos que esta vez sexa a definitiva. Tamén hoxe, parece que Chavo se reincorpora aos adestramentos. Esperemos que se encontre ben e poida debutar pronto.

04/11/08 Temos xa a totalidade dos horarios desta vindeira xornada. Tanto o Alevín A Masc, como o Alevín A Fem. xogan en Conmeniño.

Unha vez rematada a primeira xornada dos alevíns temos que sacar algunhas conclusións. Os equipos xogaron a moi bo nivel como o demostraron os resultados dos partidos. Outra é que os equipos deben estar no pavillón, xa cambiados,30 minutos antes de empezar o partido cando xoguemos na casa. Tamén deben estar puntuais cando xoguemos fora.

02/11/08 Podes consultar en Crónicas todos os partidos. Alineacións, anotadores, parciais, etc.

Rematou esta maratoniana xornada de partidos alevíns con unha vitoria plena dos nosos equipos. Abrían a xornada as alevín A en Vilagarcía nun partido díficil que se rompeu cando as nosas empezaron a correr e defender a todo o campo. Iria impuxo a súa superioridade física baixo o aro local.

Mais competido estivo o partido das de Manu contra o Arxil. Ao final fumos quen de levarnos o partido, que lle virá moi ben as nosas para os vindeiros enfrentamentos.

O partido de Jandro non tivo color dende o inicio e os nosos impuxeronse dende o minuto 1.

01/11/08 Cerraron a xornada do sábado os senior con derrota, a primeira co Grove. Os nosos non superon conservar unha ventaxa de 11 puntos, logo de perder a Caye por faltas. O equipo está traballando ben, e hai que seguir así para non descolgarse do grupo de cabeza. O portal todogrove.com colgou un video do partido na súa páxina.

As junior deron o callo en defensa pero en ataque perdemos mais balóns dos habituais, e a un equipo como o Pio XII non podemos darlle esas facilidades. De tódolos xeitos, o equipo está mostrando moi boa actitude.

Outro moi bo partido dos alevín A, donde se emplearon a fondo para doblegar ao BBC. Os de Manu non deron opción e a base de velocidade desbordaron os rapaces de Vilagarcia.

Debutaron os alevín Mixto hoxe nun partido donde deixaron unha moi grata impresión a pesar da derrota. Os rapaces xogaron ante un rival superior, sobre todo fisicamente, pero competiron ate o final do partido. Noraboa a este equipo.

OUTUBRO

30/10/08 Co partido do Alevín Mixto, arranca a competición alevín onde o noso club participa con 5 equipos, algo que supón un record nesta Delegación. As cadetes e infantil teñen xornada de descanso, mentres que as junior teñen unha dificil saída a Santiago para medirse ao Pio XII. Os senior reciben nun derbi local ao Grove nesta terceira xornada de Liga.

25/10/08As cadetes tiveron un partido facil diante do Estradense aproveitando Andrea e Brais para darlle minutos as menos habituais.

Emocionante o partido das junior, que se resolveu logo dunha prorroga. Empezaron ben, como sempre, as rapazas de Jon logrando un parcial 21-6. Despois a falta de continuidade no xogo fixonos sufrir. Esperemos que esta vitoria lles dé novos brios as junior.

Moi bo o partido xogado polas infantiles na mañán de hoxe en Conmeniño. A forte defensa das do Meco xunto coa saída en contraataque, fai que o parcial de 13-2 no 1º cuarto, e 19-4 no 2º fose un obstaculo insalvable para o Cortegada. Destacar o traballo de todo o equipo de novo.

Estamos traballando xa no seguinte número da revista. Tamén estará actualizado o Meco a Meco. Tódolos equipos do club estrenarán entre esta e a seguinte xornada as camisetas de quentamento, patrocinadas por Todogrove. Estas camisetas son de obrigado uso nos partidos.

24/10/08 23:25 Mal partido dos sénior en Pontevedra. En ningún momento os nosos se meteron no partido, dando a sensación de estar entrenando en vez de xogala liga. Non tivemos as ideas claras para atacala zona do Estudiantes, e o acerto do rival fixo que non puideramos levalo partido.

Da comezo hoxe unha nova xornada co partido adiantado dos sénior en Pontevedra ante o Estudiantes. Teñen que seguir na mesma senda do fin de semana pasado para facerse coa vitoria. Jon conta con todos os efectivos.

As júnior reciben ao xuven coa obriga de gañar, sobre todo para coller esa confianza que necesitan. O equipo está a tope de moral e solo lles fai falla gañar un partido.

As cadetes reciben ao Estradense, un equipo descoñecido para nos, e as nosas están confiadas nas súas posibilidades.

Por último, as infantís reciben ao Cortegada, club que sempre conta con bos equipos de base. As nosas levan 2 vitorias de 2, e están coa moral polas nubes, polo que van a ir a por todas.

23/10/08 No apartado Circular podes consultar os horarios de saída dos partidos que xogamos na Arousa.

20/10/08 Están xa fixados os horarios do fin de semana, incluidos os amistosos de Mini na Arousa.

20/10/08 O pasado sábado tivemos a presentación de xeito oficial de tódolos equipos do Meco. O portal Todogrove fíxose eco do evento e alí podes consultala nova e fotos.

Temos subido un novo video en O Meco TV, nesta ocasión é un partido do alevín feminino da tempada pasada.

19/10/09 20:49 As cadetes pecharon a xornada ante o Arxil en Pontevedra. A superioridade física das da capital foi un obstaculo insalvable. De tódolos xeitos, as nosas xogadoras tentarono e ainda que se achegaron no taboleiro en certos momentos, acabaron entregándose no último cuarto.

18:36 Derrota abultada das junior en Santiago. As nosas tan só foron capaces de aguantar o primeiro cuarto, e a partir de ahí Peleteiro foi un vendaval en ataque. O importante é que as nosas non baixaron os brazos e intentaron xogar.

18/10/09, 22:15 Rematou a xornada do sábado con 2 vitorias dos nosos equipos. Os sénior impuxeronse nun partido disputado, ao veterano equipo marinense. Moi bo acerto exterior e destacada actuación de Caye.

As infantís lograron unha victoria a domicilio que lles vai dar moita moral para a vindeira xornada, cando recibe ao Cortegada. Destacar a potencia de Laura García, a aportación das alevíns e a intensidade de todo o conxunto.

Estamos a porta dun fin de semana cando o Meco afronta xa varios partidos oficiais. Os sénior debutan hoxe co rival, a priori, mais duro e polo tanto teñen que contar co apoio da afección. As júnior teñen unha misión moi complicada en Santiago diante do Peleteiro, un rival que comezou moi forte. As cadetes visitan ao Arxil, que é un equipo que nos gañou en pre-tempada e aspirante ao titulo. Por último, as infantís visitan ao Río Ulla en Cesures con toda a intención de acadar a segunda vitoria consecutiva.

16/10/09 Celebrouse hoxe na Delegación unha reunión para configurar o calendario de Minibasket. Hai un total de 30 equipos na Arousá, o que nos fai crer que nos vindeiros anos haberá ligas bastante boas nas categorías superiores. O noso club participará con 5 equipos, todo un record. Teremos 1 equipo no Masculino A, 2 equipos no Masc B, 1 no Feminino A e 1 no Fem. B. É dicir, O Meco estará representado en tódolos grupos. A liga dará comezo o día 2 de Novembro e os 4 primeiros clasificados dos grupos A (Masc e Fem) xogarán unha final a 4.

Están subidos xa os partidos e horarios da Delegación Arousá.

14/10/09 Temos xa algúns horarios desta vindeira xornada. Aproveitando o inicio da Liga Sénior este sábado farase a presentación oficial de tódolos equipos do Club. Os equipos de Minibasket (Alevín e Benxamín) e os demáis (cadete, júnior e séniors) deben estar no pavillón as 6 da tarde coa vestimenta oficial (pantalón e camiseta de xogo negras) e cos chándales aqueles que o teñen. Xogarán partidos de 6:15 a 7, e aproveitarán os paróns para facer as fotos dos equipos por separado. A eso das 7:15 faremos a foto conxunta co Patrocinador, o xerente da Residencia Santo Angel, D. Antonio Fernández.

Tamén queremos votar a andar de novo a Peña 'O Meco Sempre Dá'. Hai que ir coa camiseta da peña (si non a tes, pidea) e animar sin parar. Temos tódolos instrumentos necesarios. A primeira cita será no partido contra o Laxe, este sábado as 8.

14/10/09 Temos xa algúns horarios desta vindeira xornada. Aproveitando o inicio da Liga Sénior este sábado farase a presentación oficial de tódolos equipos do Club. Os equipos de Minibasket (Alevín e Benxamín) e os demáis (cadete, júnior e séniors) deben estar no pavillón as 6 da tarde coa vestimenta oficial (pantalón e camiseta de xogo negras) e cos chándales aqueles que o teñen. Xogarán partidos de 6:15 a 7, e aproveitarán os paróns para facer as fotos dos equipos por separado. A eso das 7:15 faremos a foto conxunta co Patrocinador, o xerente da Residencia Santo Angel, D. Antonio Fernández.

Tamén queremos votar a andar de novo a Peña 'O Meco Sempre Dá'. Hai que ir coa camiseta da peña (si non a tes, pidea) e animar sin parar. Temos tódolos instrumentos necesarios. A primeira cita será no partido contra o Laxe, este sábado as 8.

12/10/09 No apartado Crónicas podes consúltalos datos dos partidos disputados hoxe.

As infantís debutaron en liga e fixérono ao grande con unha vitoria ante o Liceo de Vilagarcía. O alto ritmo de xogo fixo que as 6 xogadoras do Liceo acabaran por perder gas. Destacar o moi bo partido de Laura García con 22 puntos e o debut das alevíns Emma, Laura Rey e Karem.

Segunda derrota das júnior e esta vez na casa ante o Pío XII. Saíron as xogadoras de Jon moi concentradas e dobregando as de Santiago en todas as facetas do xogo, chegando a estar 14-5, pero foi só un espellismo xa que un parcial de 0-18 fixo que se abrise unha brecha imposible de remontar.

11/10/09 Os senior gañaron en Vilalonga ao Portonovo no último ensaio antes do inicio da liga. Mellorou o noso equipo con respeto ao partido de Cambados sobre todo no xogo en conxunto. Destacar a actuación de Caye. Esperemos que ante o Laxe sigamos nesta liña.

Disputáronse esta mañá os 3 partidos amistosos alevíns entre os equipos dos clubs Meco e Liceo. Destacou por enriba de todo a cordialidade entre os 2 clubs. Podes ver as fotos dos partidos en fotos do club.

O equipo Alevín C de Jandro impuxose as rapazas do Liceo grazas sobre todo a rápidez dos nosos, aínda que o xogo non foi moi brillante. O resultado final foi de 57 - 31. Debut de Yami e Samuel.

As rapazas do Meco D plantaronlle cara ao Liceo B. Este equipo está dando mellor imaxe a medida que pasa o tempo. Destacar que a conexión Aida-Sara fixo que esta última conseguise 22 dos 34 puntos do equipo.

No último dos partidos, os de Manu tiñan un moi bo rival enfrente e tiveron que esforzarse ao máximo. O Meco A fixo un bo partido e impúxose por 6 puntos.

10/10/09 Os partidos de alevíns que este sábado se disputan contra o Liceo serán no pavillón de Conmeniño.

08/10/09 Definitivamente o partido senior entre Portonovo e Meco disputarase no pavillón de Vilalonga.

Estamos xa coa cabeza nesta vindeira xornada cando empeza tamén na liga o infantil feminino. Temos programados varios partidos para a fin de semana que podes consultar xa.

Actualizamos algúns apartados de páxina. En O Meco TV temos xa subidos 3 vídeos, todos eles dos alevíns. E no apartado Partidos Xornada podes consultar tódolos partidos de tódalas categorías da Delegación Arousá, a partir dos xoves.

07/10/09 Xa podes descargar en pdf o número 17 da revista do meco. Na sección "A Revista" podes consultar todas as publicacións realizadas ata o momento.

06/10/09 Celebrouse esta mesma noite nos locais da Delegación Arousá a reunión para o Calendario do Senior Zonal. Seguimos co mesmo formato da tempada pasada e coa incorporación de Rio Ulla, Portonovo e Motobazar. A liga dará comezo o día 19 deste mes e o primeiro emparellamento é entre os equipos que disputaron a final de liga hai escasos meses, Meco e Laxe. Un duro rival para empezar e un partido bonito para ver e xogar. O noso equipo xa está preparado e a afección tamén.

05/10/09 Está xa na rúa un novo número da Revista. Nesta ocasión adicada ao noso X aniversario así como repaso a derradeira tempada e as previsións para a actual.

Outra festa do mini no pavillón cos mais pequenos dando espectaculo xogando cos amigos do Dorna. Tamén as cadetes tiveron o seu penúltimo ensaio antes do inicio de liga e fixérono gañando de 7 ao Dorna.

Os senior xogaron o primeiro partido da tempada, amigable neste caso, contra o Xuven de Cambados. O partido foi entretido e caeu do noso lado logo da prorroga.

As infantís perderon de 7 en Cesures pero dando boa imaxe a meirande parte do partido. O vindeiro fin de semana empeza a liga contra o Liceo na nosa casa.

Tamén as alevins perderon en Cesures por 16 puntos, aínda que a diferenza final non reflectiu o que pasou no partido.

Desexámoslle a Clara Garrido unha pronta recuperación, xa que nos falta electricidade no campo.

04/10/09 As júnior debutaron hoxe en Cambados no Torneo de Apertura. Non empezaron con bo pe as xogadoras de Jon. Demasiados altibaixos que propiciaron unha ventaxe local cerca do final, e que non fumos quen de superar. A ver si no vindeiro partido estamos mais concentradas.

A partir de mañá poderemos consultar as crónicas dos partidos para estar ao tanto dos parciais, anotadores.etc.

03/10/09 Comezamos hoxe co reparto da lotería aos mais pequenos. Serán talonarios de 50 participacións que se recollerán, como data máxima, sobre o 15 de Decembro.

02/10/09 Xa está colgado na web da Galega o Calendario do infantil e cadete femininos que darán comezo o día 12 e 19 respectivamente.

Podes seguilas novas de setembro pinchando en archivo de novas 2. Non te perdas a entrevista a Dani Prol nin a sección de Manu 'O que o ollo non ve'. No apartado Circular podes consultalos partidos, pavillóns de xogo e horas de saída.

01/10/08 Empezamos o mes das competicións. As junior están coas pilas cargadas e con toda a intención de conseguir unha plaza para a Liga Galega. Importante noticia que haxa 7 equipos infantiles e 4 cadetes. Nos vindeiros días veremos aqui os calendarios. De momento, podes pinchar no apartado Circular e estar o tanto das horas de saída dos equipos e lugares de xogo.

Tamén hoxe empezamos co reparto da Lotería de Nadal.

SETEMBRO

30/09/08 Da comezo este fin de semana a Liga Junior Femenina interzonal cando o noso equipo se mide ao Xuventude de Cambados. O Meco comparte grupo co Xuven, Pio XII e Peleteiro. Podes consultar o Calendario junior femenino interzonal.

A maioría dos equipos xogan tamén amistosos, así que xa sabes, consulta o programa, vente, anima e disfruta.

A man de Manu estase notando no Minibasket. En Rosalía notase a ilusión e as gañas de mellorar, e os grupos están crecendo, como é o caso do Alevín C, composto polas rapazas de 5º

28/09/08 Todogrove fíxose eco da Concentración de onte. Podes seguir a noticia e as fotos aquí.

27/09/08 Hoxe celebramos unha Convivencia de Minibasket na que participaron tódolos equipos de minibasket do Meco. Arredor de 70 xogadores que forman estes equipos tomaron parte. Despois do visto hoxe podemos decir que o club goza dunha magnifica saúde e nos espera un futuro ilusiónante.

As júnior xogaron onte en Cambados o último partido de preparación antes do inicio de liga. Esta vez mostraron a súa capacidade de recuperación ao remontar un resultado adverso de 18-1.

Está xa actualizada dende onte a sección de Manu Bello, 'O que o ollo non ve'. Nesta sección Manu aporta a súa aguda visión dende dentro da pista, non a perdas.

Por outro lado, comentar que o club está traballando xa no próximo número da Revista, o primeiro desta tempada.

24/09/08 Este sábado pola tarde terán o seu estreno a gran maioría dos xogadores da Escola. Será o seu primeiro partido de corto. Pagará o pena velos.

Atentos aos cambios no horario de adestramentos que facemos no Colexio Rosalía. Podedes consultalo no apartado Horario. Todolos equipos están adestrando e con moi boa asistencia en xeral.

20/09/08 Outro pasiño mais o que hoxe demos de cara a que os equipos cheguen ao comezo de liga nas mellores condicións. De feito, tanto as cadetes como as junior deron moi boa imaxe e están xa preparadas. As cadetes caeron de 1 puntos e as junior de 7. Pola outra banda, as alevín gañaron sen apuros o seu partido. Temos que destacar o bo ambiente e a deportividade que nestas 2 xornadas imperou nos enfrentamentos co Arxil.

Imos intentar crear un ficheiro de videos do noso club de partidos importantes, anecdotas, etc. Si tes un video interesante, e que non ocupe moito espacio, fainolo chegar. Poderemos velo no canal do Meco en Youtube.

Temos no apartadoDocumentación todos aqueles papeles que son necesarios para a tramitación da ficha, guias, etc.

19/09/08 Temos outra xornada de partidos amistosos este fin de semana e volvemos repetir enfrentamentos, neste caso coas alevíns, cadete e junior femeninos. Os partidos serán no Pavillón Monte da Vila. Esperamos seguir na mesma liña do pasado fin de semana, cando os equipos deron moi boa imaxe.

Comunicamos a todos os socios e afeccionados que o Club tomou a decisión de non presentar esta tempada equipo junior masculino. O inminente comezo da liga e a falta de efectivos suficientes fixo que tomaramos esa decisión. Sentimolo sinceramente pola xente que estivo traballando ate este momento. Así, tanto Bruno como Nacho cambiarán de aires e xogarán no CB O Grove. Desexamoslle sorte e xa saben que teñen as portas abertas do Meco cando o desexen.

16/09/08 Estasemana empezamos a adestrar no Colexio Rosalía de Castro. Aproveitamos para agradecer, unha vez mais, aos responsables do colexio por todas as facilidades que nos dan.

Este ano teremos un grupo de 1º de Primaria (ano 2002) e será levado por Alejandro Padín. Terá un máximo de 8 xogadores. Os equipos están casi completos e os nenos poden inscribirse ate completar os grupos con 12 xogadores.

15/09/08 Primeira foto de equipo deste ano, nesta ocasión cedida por unha nai. O equipo infantil femenino é novo pero con moita ilusión.

13/09/08 Por fín botamos a andar. Respirase xa ambiente de basket. Os nosos equipos deixaronnos moi bo sabor de boca neste arranque de tempada. O resultado nestes partidos sempre é o de menos. Hai xente que necesita xogar partidos e os adestradores teñen que ir pulindo os pequenos detalles. As junior xogaron a un nivel alto e moi intensas todo o partido

11/09/08 Aqueles pais que entran por vez primeira en contacto co club poden pinchar en Guía de axuda a Pais para aclararlle algunhas dubidas que poideran ter.

10/09/08 Temos xa os primeiros partidos da tempada. Son partidos amistosos que servirán para empezar a coller ritmo. Tódolos partidos son en Conmeniño. Este ano temos que facer mais piña que nunca e intentar animar a tódolos equipos do Meco, sexa cal sexa a categoría. Informate na páxina e disfruta.

O pintado das liñas da pista do pavillón Monte da Vila fai que teñamos que suspender varios adestramentos agora que estamos comezando.Pero que todo sexa para ben.

Está previsto que no Nadal a pista de Conmeniño sexa cambiada por unha igual que a do Monte da Vila. Mentras tanto os senior siguen coa súa preparación.

04/09/08 ATENCION O vindeiro mércores 10 non haberá adestramento para ningún equipo xa que van a pintar as lineas da pista.

Onte tivemos a presentación dos adestradores, a que non pudo asistir Jon. Podes seguila noticia en todogrovee consultala lista de equipos e adestradores no apartadoCorpoTécnico.

03/09/08 Hoxe estrenaronse os equipos mini e as infantiles. Arredor dunha trintena de crios se deron cita no pavillón. O venres terémola 2ª sesión. Con eles completouse xa a totalidade dos equipos. batindo o record en canto a empezar mais pronto desde a fundación do club.

Recordamos que temos que traer a documentación para cumplimentar a ficha federativa e non andar a metade de tempada pedindo papeles. Estes son unha foto, fotocopia de DNI ou libro de familia, Autorización paterna e solicitude de licencia de licencia da federación. Estas 2 últimas podes descargalas e rellenalas, no caso da solicitude rellenar todo menos o apartado médico.

Por outra banda, advertir a xente que non se debe usar a roupa de xogo (pantalón e camiseta) nin para adestrar nin para andar pola calle. Este equipamento e propiedade do club e debería devolverse a fin de curso igual que os libros da escola.Temos tamén previstos partidos amistosos para o fín de semana 13/14 deste mes para os equipos alevíns, inf. fem., cadete fem. e junior fem.

02/09/08Por fin votamos a andar. Despois da reunión de adestradores mantida onte, conseguimos facer o horario de adestramentos que rexirá esta tempada. Destacar que hai un aumento significativo no número de horas para cada equipo o que, esperemos, fará que todos poidan participar en mais sesións e compatibilizalas coas actividades extraescolares e por outra parte subilo nivel técnico.

Este novo horario comenzará o día 10 de setembro coincidíndo co inicio do curso escolar. Esta semana os de minibasket adestrarán no mesmo horario do ano pasado.

AGOSTO

30/08/08 Está actualizada tamén a páxina da Entrevista con Dani Prol de Protagonista.

Remata xa o verán. Arranca esta nova tempada 2008/09, xa de xeito oficial, o luns 1 de setembro. ATENCION: As junior teñen a primeira toma de contacto co novo adestrador. Luns 1 as 21:30. Non faltar.

As cadetes, luns as 20:30 As infantiles o mércores as 4:15

Os equipos de Minibasket, dan comezo a tempada co horario normal. Este mércores as 17:30 e o venres as 4.

Estamos traballando no horario para todos os equipos. Tan pronto como este feito, estará aquí na páxina.

28/08/08 O primeiro equipo que deu comezo a tempada, o junior masculino de Brais, leva xa un bo ritmo e unha vez rematen os exames estarán todos os efectivos.

Temos xa a venda a lotería de Nadal. Que non che pase como o ano pasado que te quedaste sin ela. Este ano toca que para eso acaba no prefixo de Pontevedra. Deixovola ahí o lado, por si acaso.

26/08/08 Celebrouse hoxe a reunión dos horarios para esta tempada quedando igual que estaba. Agora tocalle ao club facer un horario de adestramento. Algo complicado tendo en conta o número de equipos que pensamos facer.

En principio temos xa os seguintes:

Senior: Jon Serén (Empezando o 1 de setembro)

Junior Masc.: Brais Rego (Xa adestrando)

Cadete Fem. Andrea Campos (Venres 29 agosto)

Infantil Fem. Anxo Cornes (Mércores 3 set.)

Minibasket: Manu Bello, Alejandro Padín, Anxo Cornes, Sandra Mourelos, Miguel Iglesias 'Chavo', (Mércores 3)

Quedanos cubrir o Junior Fem., que esperemos resolver pronto.

21/08/08 Imos a entrar xa na última semán de Agosto e con ela rematan a maioría dos xogadores a tempada de verán de curro. E toca disfrutar co que nos gusta, co basket. Está semán temos reunión de adestradores o luns 25 para perfilar definitivamente os equipos. Seguimos cos mesmos equipos da tempada pasada ademais da inclusión do cadete femenino. Será un ano donde o club se volcará un pouco mais, si é posible, coa Escola de Basket. Seguro que imos dar que falar cos equipos mini.

Pronto veremos os equipos, os seus adestradores e tamén o horario de adestramentos aquí na páxina.

14/08/08 Siguen os adestramentos de verán con un grupo de entusiastas e locos do basket. Dani Prol está facendo que suden a gota gorda.

12/08/08 Aquí tendes unha animación de Ricky Rubio que nos enviou un xogador do club, diante do banquillo de USA na final olimpica.

Ricky vai marcar unha época no basket español.

O Club Baloncesto O Meco invita a tódolos rapaces e rapazas do Grove a aprender a xogar ó Baloncesto, en especial aos nenos/as nacidos nos anos 95 e 96. Os adestramentos darán comezo na primeira semana de setembro.

10/08/08 Deu comezo hoxe a participación da selección española masc. con victoria nosa. Tendes aqui un enlace do calendario dos dous equipos.

09/08/08 Queda xa pouco, moi pouco para o inicio da nova tempada 08/09, unha tempada que vai quedar marcada polo X aniversario do club e tamén pola aposta polo baloncesto de base, sin loxicamente descoidar aos equipos superiores.

Nos vindeiros días iremos actualizando a páxina e adiantando as novidades de cara a esta nova e ilusionante tempada.

De momento, a única actividade que se está levando a cabo é a Escola de Verán, a cargo de Dani Prol e dirixada principalmente aos equipos de Mini.