Como todos sabemos o 14 de marzo de 2020 declarouse un estado de alarma por mor do chamado COVID19 onde se declarou en cuarentena a todo o pais e suspenderonse adestramentos e competicións a nivel nacional.
O 15 de xuño de 2020 declárase unha nova normalidade na que se teñen que seguir uns protocolos de actuación para adestramentos e competicións xa que o virus non desapareceu, sigue estando ahí e temos que tomar as medidas que as autoridades nos recomendan para poder voltar a facer o que máis nos gusta que é xogar ao baloncesto.
Dende o clube faremos todo o posible por cumplir este protocolo e tomar as medidas preventivas que poidamos. Deixamosvos os protocolos da Federación galega de baloncesto, o protocolo do Concello de O Grove e as recomendacións do sergas para que lle poidades botar un ollo.
Tendes tamén dispoñible o noso protocolo que sempre estará baseado nas recomendacións dadas pola federación galega de baloncesto e o concello de O Grove e a aceptación de leer o mesmo que debedes de devolver firmada para poder participar na actividade.
Queremos que volta aos adestramentos sexa o máis segura posible, entre todos poderemos voltar a esta nova normalidade.
Con data 30 de setembro de 2020 a federación galega de baloncesto publica a actualización do FISICOVID-DXTGALEGO.
Nesta versión, actualizada e vixente dende este mesmo 30 de setembro; establécense as medidas para practicar o baloncesto autonómico federado facendo fronte á crise sanitaria que estamos a vivir pola COVID19.
De cara a realización de adestramentos dende este mesmo intre, así como para a futura posta en marcha das competicicións FGB, solicitamos a todos a consulta, lectura detida e cumprimento, tanto do protocolo xeral en si como dos anexos referidos a adestramentos e competición que o completan.